domingo, 10 de abril de 2016

23 de abril, Día del Libro

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega, O Inca. 

É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural.

Este 23 de abril coincide co  IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

 Se picades na imaxe podedes achegarvos á figura de Cervantes e don Quijote a través de diversas ligazóns e actividades.

lunes, 4 de abril de 2016

OS ECOSISTEMAS


Esta semana realizamos unha actividade plantexada polo profesor de prácticas, Alberto.  A actividade consistiu na elaboración de distintos ecosistemas  en papel de acetato, para a súa realización estivemos traballando por grupos e o material que empregamos foron rotuladores de distintas cores e alcohol para poder borrar se nos equivocábamos ao debuxar algunha cousa.

Unha vez realizados os debuxos dos ecosistemas no acetato preparamos a exposición oral acerca do tipo de ecosistema que nos tocou (Os ríos, as praias, os bosques…) para poder  presentarllo despois ao resto dos compañeiros.


Na presentación falamos principalmente da fauna e da flora que habitan nestes ecosistemas e que estivemos traballando este trimestre.









domingo, 3 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros.




  


jueves, 31 de marzo de 2016

DESCRIPCIÓN DE UN FAMILIAR

La clase de lengua castellana se convirtió en  "taller de escritura" donde los alumnos y alumnas describieron a un familiar.

Días antes, en sus casas, habían observado  a aquel  familiar que querían describir para anotar los detalles más característicos.

Ya en el aula, lo primero que hicieron fue acceder en el  blog a la página " Unidad Didáctica: La descripción de un familiar". Después de seguir los pasos que les indicaba, cada alumno y alumna comenzaron el trabajo. Cuando tenían terminado el borrador se lo enseñaban a la profesora que realiza las correcciones  necesarias para llegar a la última fase , la edición.

martes, 8 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA 2016

Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que; polo menos, un día trabállase con xornais na aula.

Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

  • O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
  •  Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
  • Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
  • Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
  •  Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Se picas na imaxe podes acceder á prensa
















lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.






Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.

Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida  á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.

 O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.













miércoles, 24 de febrero de 2016

179 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro de 1837, nace en Camino Novo, un arrabal de  Santiago de Compostela, Rosalía de Castro. 

Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Pica na imaxe




miércoles, 10 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Fotos descolgadas

jueves, 4 de febrero de 2016

XOVES DE ANTROIDO: COA CARA PINTADA

A consigna do xoves: coa cara pintada.

Mirade que ben traballamos na clase de naturais.