TALLER DE ESCRITURA (A DESCRICIÓN DUN OBXECTO: UNHA LÁMPADA)

A DESCRICIÓN DUN OBXECTO: UNHA LÁMPADA.

 Poderiamos dicir que describir é representar a realidade mediante palabras ou definila como unha fotografía verbal.

Hoxe imos divertirnos describindo un obxecto, para iso:

1.    Debemos ter en conta o seu nome que, serviranos para identificalo e as súas características máis importantes.

2.   É importante que indiquemos:
  • O material do que está feito, a cor, a forma, o aspecto, a textura…
  •  As partes de que consta e a súa función.
  • Explicar para que serve, a que se parece, como se usa…

3.   Elixir o criterio de organización:

 Do xeral ao particular: Primeiro descríbese o aspecto xeral e despois cada compoñente seguindo unha orde espacial (de arriba abaixo, de esquerda a dereita…)

 Do particular ao xeral: Primeiro descríbense os elementos que o compoñen, seguindo unha orde espacial e, a continuación, explícase o aspecto xeral.

 Agora xa estamos preparados para iniciar o traballo, axudarache seguir estas instrucións:

Fase I: Busca en Google unha lámpada que che guste.
  • Obsérvaa detidamente.
  • Pensa que aspecto ou aspectos destacarías.


Fase II: Elabora un esquema ou táboa para indicar: o material, cor, forma, aspecto, textura, partes de que consta… 

Decide a orde en que vas realizar a descrición.

Fase III: Borrador
  • Redacta o borrador seguindo a orde que decidiches e utilizando a información do esquema que realizaches.
  •  Asegúrache que incluíches toda a información.
  •  Finalmente, le o borrador fixándoche na ortografía e a puntuación.

Antes de iniciar o borrador atoparás aquí unhas pautas que che axudarán na súa redacción. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.