A PARTIR DUN CONTO CREAMOS UN CÓMIC


Como sabes o cómic é unha narración contada a través de debuxos, xeralmente acompañadas de texto.

O texto escrito pode aparecer
  • En cartelas, nas que se dá a información sobre o espazo, o tempo…no que se desenvolve a acción.
  • Nos globos, onde se reproduce os diálogos ou pensamentos dos personaxes.
  • Sobre o debuxo se se trata de onomatopeas

PLAN DE TRABALLO

FASE I

Antes de comezar imos ver estes materiais que nos poden axudar a traballar o cómic.



  1. Titoriais de Rick R-D para debuxar os corpos ou as caras.








           2. Taller de creación de cómic en:
 http://www.mejoresideas.com/taller-creacion-comic.html


          3. Seguindo as explicacións de Mafalda.



Banda Deseñada - Cómic from axeitos

FASE II: Pensamos nun conto de tradición oral, tradicional ou inventado.

                        (Máximo catro tiras* de tres viñetas+ cada unha)*
 TIRA
 TIRA
 TIRA
 TIRA
+
Viñeta
Viñeta
Viñeta

Primeiro,  escribimos o argumento do conto.

Despois, elaboramos o guión borrador de cada viñeta (facemos unha táboa como esta)

VIÑETAQUE DEBUXO?QUE PLANO?QUE TEXTO?ONOMATOPEA..BOCADILLOS UTILIZADOS?CARTELA?
1ª Viñeta



2ª Viñeta



3ª Viñeta








Logo, distribuimos as viñetas en cada plana.

Lembramos que:
- Poden ter distinto tamaño.
- Debemos deixar un espazo en branco entre as viñetas.
- Pode haber algunha sen recadro.
- Debemos facelo a lapis suavemente para que non queden marcas se temos que borrar.
- A plana debe quedar totalmente chea.

A continuación, debuxamos o cómic tendo en conta o guión borrador de cada viñeta.
 Faino a lapis suave por se tes que borrar.
Logo cun rotulador negro de punta fina repasa os debuxos.

Despois, escribimos os textos a lapis:
- Letra de imprenta.
- Maior tamaño se falan alto e máis pequena se falan baixo.
- Encérramolos no globo ou nunha cartela.
Finalmente, revisamos a ortografía, fixándonos especialmente no uso dos signos de puntuación. Repásamolo cun rotulador negro de punta fina e...
Rematamos coloreando os debuxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.