A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
As
plantas, segundo o tipo
de planta ao que pertencen, realizan a función de reprodución de dúas
formas distintas: reprodución sexual e
asexual.
Ø A reprodución sexual.
Na reprodución sexual interveñen dúas plantas.
Prodúcese grazas as flores que,
normalmente, teñen unha parte feminina
e outra masculina.
Os estames son a parte masculina da flor que rematan en dous saquiños que producen o polen.
O pistilo é a parte feminina da flor con forma de botella. A parte máis larga é o ovario que conten un ou varios óvulos.
Os pétalos forman a corola e os sépalos dan lugar ao cáliz. A corola e o caliz teñen a función de protexer e rodear aos estames e ao pistilo.
Como se realiza a reprodución sexual ?
A reprodución sexual realizase nas seguintes etapas:
Primeira, a
polinización que consiste no transporte, grazas ao vento ou algún
animais, dos grans de pole desde os estames dunha flor ao pistilo doutra.
Segunda, a
formación do froito e da semente. Nesta etapa, despois da polinización, o óvulo transfórmase en semente e o ovario en froito que rodea á semente.
A última etapa é a xerminación
da semente. Cando as sementes caen
na terra, e hai humidade
suficiente, as sementes desenvólvense e
medran dando lugar a unha nova planta.
Ø Reprodución asexual
Na reprodución asexual interven unha soa planta.
A nova planta fórmase a partir dunha parte da planta nai,
xeralmente do talo.
Tipos de reproducción asexual:
·
Tubérculos
Son
talos subterráneos que almacenan nutrientes. Teñen xemas que
dan lugar a novas plantas. Un exemplo deste tipo de reprodución son as
patacas.
·
Bulbos
Os
bulbos son talos subterráneos envoltos
por follas carnosas, deles saen novas plantas. Por exemplo, a cebola, o
tulipán…
·
Estolóns
Son
talos que medran sobre a superficie da terra. Deles xorden
raíces e talos de novas plantas, por exemplo, os amorodos.
·
Rizomas
Son
talos subterráneos que, cada certa
distancia, producen raíces e talos dos que brotan novas plantas. Por exemplo a
menta, o bambú…
IMOS PENSAR
Fíxate nas flechas vermellas e di a que parte da flor se
corresponde.
Observa as plantas da seguinte imaxe.
Ves a diferenza entre un estolón e un rizoma?
Se tes algunha dúbida, le as súas definicións.
Enlace imaxe https://i.pinimg.com/736x/29/97/2a/29972a09aab0fbd9475f2c0d6df49aaf.jpg
Cal é a clase de reprodución das plantas que aparecen
nas seguintes imaxes? A que grupo pertencen ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.