lunes, 11 de mayo de 2020

Que sei de Ricardo Carballo Calero?


Este ano, o día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910/ Santiago de Compostela, 1 990).


 Pero, que sabedes del? Propóñovos un xogo, converternos en " detectives" para pescudar as respostas a unha serie de preguntas que atopei nun caderno , debaixo dun carballo en Fingoi. A única pista que temos é "Ricardo Carballo Calero, letras para contar un país".

Comeza o xogo:

1.    Onde naceu? Quen eran os seus país?

2. A súa infancia foi feliz? Por que?

3.  Gustáballe ler? Que eran os libros para el?

4.    Escribe o que lle sucedeu nestas datas:
·         1927:
·         1928:
·         1931:
·         1933:
·         1936:
·         1939:

·         1941:


1  5.  No 1950, trasladouse a Lugo para impartir a docencia no colexio Fingoi. 

      Como era a ensinanza neste colexio?

1  6.   Cres que os anos 1958,1963,  1965 e 1972, foron importantes para Ricardo Carballo Calero? Por que? 

1  7.   Cal  foi o ano do seu falecemento.


     Cando descubrades este misterio, enviade o resultado das vosas investigacións aos vosos profesores ou profesoras.