martes, 23 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Hoxe, día 23, comeza a celabración da Semana do libro que rematará o día 26.

Como sabedes,o 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. A data tamén coincide co nacemento ou a morte doutros autores prominentes como MauriceDruon, HaldorK. Laxness, VladimirNabokov, Josep Pla e Manuel MejíaVallejo.


Desde hoxe, o alumnado de 5º e 6º converterase en "Contacontos" percorrendo as aulas de E.I e 1º, 2º, 3ºe 4º de Educación Primaria.

miércoles, 20 de marzo de 2019

SAÍDA A TARAMUNDI: MUSEO DOS MUIÑOS MAZONOVO


Como o tema proposto polo equipo de DNL do colexio xira en torno á conservación do medio ambiente, imos  ir a Taramundi ao Museo dos Muíños.

Alí poderemos ver:

  • Unha serie de muíños de percusión, que non utilizan pedras ou moas para moer, senón que machucan o gran nuns cuncos de madeira ou de pedra onde se deixa caer unha maza de madeira percutindo sobre o gran.
  • O muíño chinés ou asiático que consiste nunha panca de madeira cun apoio central en cuxo extremo se coloca un mazo, que se acciona pisando co pé no outro extremo da panca.
  • Unha mini-central eléctrica que fornece de enerxía ao museo e cuxos excedentes son vertidos á rede. Trátase dunha instalación moderna que cumpre coa normativa vixente, conservándose os antigos elementos da instalación dispostos á entrada do edificio.
          Para ir facéndovos unha idea do que ides ver, podedes pica en "Engadir lenda" e .... transportarédesvos non só ao marabilloso mundo dos muíños senón tamén veredes a enerxía que ten a auga.

Imagen relacionada
Añadir leyenda
Tamén podedes picar en:



miércoles, 6 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Un ano máis, o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. O tema do Día é " Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio".



jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO 2019

Este ano o Entroido no noso colexio xira en torno ao tema do Medio Ambiente. 

  • As consignas serán elaboradas con materiais de refugallo ou de reciclaxe. 
  • O tema das comparsas será unha chiscadela ao Medio Ambiente.


A temática destas coplas que inventamos tamén xiran en torno a protección do Medio Ambiente.




Nestas fotos podedes apreciar as consignas acumuladas durante a semana: o luns, algo con pinzas; o martes, con corchos ou tapóns; o mércores, con bolsas de papeis e o xoves, con cartón.


miércoles, 16 de enero de 2019

PREPARANDO O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. Pero se todo se reduce a un día... conseguiremos o noso obxectivo, resolver os conflictos de forma pacífica?

Aquí temos algunhas actividades que nos poden axudar a dar resposta a esta pregunta.



Algunhas das actividades son poesías creadas por nenos e nenas da vosa idade e outras están escritas por poetas e poetisas. Lédeas e escollede unha para recitar diante dos vosos compañeiros e compañeiras.
Se algún ou algunha quere imitar a eses nenos e nenas que por un día convertéronse en poetas e poetisa, animádevos e todos e todas gozaremos coas vosas poesías.



martes, 5 de junio de 2018

DÍA MUNDIAL DE MEDIOAMBIENTE 2018

«El mensaje de este Día Mundial del Medio Ambiente es simple: rechaza el plástico descartable. Si no puedes reusarlo, rehúsalo. Juntos podemos trazar el camino hacia un planeta más limpio y verde.». — António Guterres, Secretario General de la ONU

miércoles, 30 de mayo de 2018

NUEVO REGLAMENTO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Como sabéis, el 25 de mayo entró en vigor el Reglamento General de Protección de Datos; por eso, serán descolgadas del blog vídeos, fotos y presentaciones de algunas entradas que podréis ver de forma privada en el aula.