Esta semana realizamos unha actividade plantexada polo
profesor de prácticas, Alberto. A
actividade consistiu na elaboración de distintos ecosistemas en papel de acetato, para a súa realización
estivemos traballando por grupos e o material que empregamos foron rotuladores
de distintas cores e alcohol para poder borrar se nos equivocábamos ao debuxar
algunha cousa.
Unha vez realizados os debuxos dos ecosistemas no acetato
preparamos a exposición oral acerca do tipo de ecosistema que nos tocou (Os
ríos, as praias, os bosques…) para poder presentarllo despois ao resto dos compañeiros.
Na presentación falamos principalmente da fauna e da flora
que habitan nestes ecosistemas e que estivemos traballando este trimestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.