jueves, 23 de noviembre de 2017

"Día Internacional Contra a Violencia de Xénero".


LE 

Naciches, e agora que?
 Ou cres que non paga a pena?
 Ninguén pode facerche crer iso

 Valora todo o que es e tes 
Inventa cada día como se fose novo
 Olla o mundo como algo teu 
Libérate de todo o innecesario
 Emprende aventuras que te fagan sentir ben
 Nin se che ocorra deixar de rir 
Coas demais persoas, se indulxente 
Ignora todo aquilo que che impida medrar
 Aprende de novo se te equivocaches en todo o anterior


PENSA NO QUE DI CADA FRASE...

CRES QUE É IMPORTANTE O QUE TRANSMITEN???

jueves, 16 de noviembre de 2017

DÍA UNIVERSAL DO NENO

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno 20 de novembro, data na que aAsemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.



Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:

  •  Dereito á igualdade.
  •  Dereito á Protección.
  •  Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
  •  Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
  •  Dereito á educación e á atención ao diminuído.
  •  Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
  •  Dereito á educación gratuíta e a xogar.
  •  Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
  •  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
  •  Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA, 16 DE NOVEMBRO


"A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e maneiras de ser humanos".
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO

Esta afirmación procede da Declaración de Principios sobre a Tolerancia aprobada pola UNESCO en 1995.  

 O 16 de novembro a comunidade internacional celebra o Día Internacional da Tolerancia con actividades dirixidas tanto a institucións educativas como ao público en xeral.
  








Actividades

martes, 14 de noviembre de 2017

OUTONO, CASTAÑA, CASTIÑEIRO...

Nas clases de lingua galega estivemos a facer un traballo de investigación sobre "O castiñeiro". 
Cando o rematamos, participamos na festa do "Magosto" que se celebrrou no colexio.

Vídeo descolgado










TALLER: DEFIENDE NUESTRA CULTURA


Debido á protección de datos a presentación foi descolgada, pódese ver de forma privada na aula.