Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de enero de 2019

PREPARANDO O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. Pero se todo se reduce a un día... conseguiremos o noso obxectivo, resolver os conflictos de forma pacífica?

Aquí temos algunhas actividades que nos poden axudar a dar resposta a esta pregunta.



Algunhas das actividades son poesías creadas por nenos e nenas da vosa idade e outras están escritas por poetas e poetisas. Lédeas e escollede unha para recitar diante dos vosos compañeiros e compañeiras.
Se algún ou algunha quere imitar a eses nenos e nenas que por un día convertéronse en poetas e poetisa, animádevos e todos e todas gozaremos coas vosas poesías.



martes, 9 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia celébrase o 30 de xaneiro, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi, ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz. É unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal. 

Como todos os anos por estas datas reflexionamos sobre a "Paz, a Non Violencia, a Solidaridade, a Convivencia..."; pero se só se reduce a isto non serve para nada. 

O importante é esforzarse porque a Paz reine todos os días nas nosas relacións cos nosos compañeiros, amigos, familiares..., que cada día gane a xenerosidade, a convivencia, o amor, a xusticia..

Pica na imaxe e divírteche