AS PLANTAS RELACIÓNANSE

 AS PLANTAS RELACIÓNANSE


- Imos falar de como se 

 relacionan as plantas. 

 Comezarei dicíndovos

 que non teñen órganos

 dos sentidos. 

 Prestade atención.



As plantas, aínda que non teñen órganos dos sentidos, detectan os cambios que ocorren no seu medio e responden a eles. Así reaccionan á luz, humidade, temperatura…


Como responden as plantas?

As plantas responden aos estímulos mediante o

crecemento ou a través de movementos.


Ø ØA planta ou algunhas das súas partes, mediante o crecemento, medra cara un estímulo ou afástase del. Estas respostas son lentas e duradeiras.

 

Por exemplo, as raíces medran cara onde hai

humidade mentres que os talos medran cara a luz

para que as follas poidan facer a fotosíntese e as

plantas rubideiras se entran en contacto cun

obxecto medran arredor del.


Ø As respostas mediante movementos son rápidas e non son duradeiras. Estes movementos realízanos algunha parte da planta e cando o estímulo se detén recupera o seu estado anterior.

 

Por exemplo:

  •  As follas das mimosas péchanse cando

algo as toca. 

  • As plantas carnívoras pechan a súas

follas para atrapar a un insecto.

  • Algunhas flores ábrense coa luz do día e péchanse de noite.


Por que cambian as plantas?

 

A temperatura e a luz do sol varían ao longo do

ano. As plantas detectan estes estímulos e

responden a eles con cambios estacionais.

 

  • As plantas na primavera, como  a temperatura é máis elevada e hai máis horas de luz, florecen e as sementes enterradas xerminan. As árbores e os arbustos reininian a súa actividade enchéndose de follas e flores.

 

  • No outono como as temperaturas son máis baixas e disminúen as horas de luz, algunhas árbores e arbustos perden as súas follas e deteñen a súa actividade e moitas herbas morren, quedando só as súas sementes

                                      

   - Agora coa información que   vos proporcionei, ides elaborar    un esquema. Podedes botarlle      unha ollada as palabras que      aparecen destacadas abaixo que  vos poden dar unha idea
 organizar a información.                                                                                                             


                            Crecemento                                                  
                                                                                       
As plantas relacionánse   Movemento



                           Cambios estacionais













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.