lunes, 11 de mayo de 2020

Que sei de Ricardo Carballo Calero?


Este ano, o día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910/ Santiago de Compostela, 1 990).


 Pero, que sabedes del? Propóñovos un xogo, converternos en " detectives" para pescudar as respostas a unha serie de preguntas que atopei nun caderno , debaixo dun carballo en Fingoi. A única pista que temos é "Ricardo Carballo Calero, letras para contar un país".

Comeza o xogo:

1.    Onde naceu? Quen eran os seus país?

2. A súa infancia foi feliz? Por que?

3.  Gustáballe ler? Que eran os libros para el?

4.    Escribe o que lle sucedeu nestas datas:
·         1927:
·         1928:
·         1931:
·         1933:
·         1936:
·         1939:

·         1941:


1  5.  No 1950, trasladouse a Lugo para impartir a docencia no colexio Fingoi. 

      Como era a ensinanza neste colexio?

1  6.   Cres que os anos 1958,1963,  1965 e 1972, foron importantes para Ricardo Carballo Calero? Por que? 

1  7.   Cal  foi o ano do seu falecemento.


     Cando descubrades este misterio, enviade o resultado das vosas investigacións aos vosos profesores ou profesoras.






       



jueves, 23 de abril de 2020

CÓMIC EN GALEGO

A realización dun cómic en lingua galega xurdiu do ENDL. Esta actividade estaba  programada para a semana anterior ás vacacións de Semana Santa. Ao pecharse os centro polo Covid-19, o alumnado de 5º, levou a cabo dita actividade nas súas casas.




O equipo de Valentina canta e baila para animarnos no noso confinamento.


miércoles, 15 de abril de 2020

VÍDEOS DOCENTES: LINGUA/GALEGO DURANTE O CONFINAMENTO

Como sabedes desde o 13 de marzo, non podemos ir ao colexio. Estamos todos na casa realizando actividades non avaliables.

Aquí tedes os enlaces dos vídeos de lingua castelá e galega colgados na páxina web do colexio.

Enlaces de lingua castelá:

Enlaces de lingua galega:

DEBUXOS SOLIDARIOS

Como sabedes, durante a Semana Santa estivemos participando nun proxecto solidario cos enfermos do Coronavirus ingresados no HULA.
Aquí tedes o enlace da páxina web do colexio onde están colgados os vídeos que enviamos ao HULA.

viernes, 20 de marzo de 2020

PROXECTO EduClan

 En proxecto EduClan, podedes atopar numerosos recursos e vídeos desde os 3 anos ata os 10, nas principais áreas curriculares.

Clica en EduClan  de 3 a 5 anos

EduClan  de 6 a 8 anos

EduClan de 9 a 10 anos

martes, 17 de marzo de 2020

CORONAVIRUS E ACTIVIDADES DE AULA

Ola a tod@s!

Ante as circunstancias que nos rodean, mentres o centro permanece pechado, sabedes que se están a colgar na páxina web do centro actividades das distintas materias de 5º para que poidades facer nas vosas casas.

No noso blogue podedes ir repasando, de forma interactiva, os contidos dados neste trimestre.
A algúns deles non se pode acceder; pero serán substituidos por outros.

Para acceder aos contidos da páxina web do centro podedes facelo a través do blogue, a esquerda, en Enlaces debaixo do tradutor de galego. Unha vez dentro localizades "ENLACES E RECURSOS", e picades en 3ºciclo. Unha vez alí, en vermello, veredes "Actividades e Recursos de 5º de EP" e ...
             xa estamos outra vez na AULA!!!
Un consello, podedes seguir o horario da clase.

                          Ánimo e a traballar!!!

Para calquera dúbida podedes escribirme un correo a

                tereluispimentel@gmail.com




jueves, 5 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, estivemos a traballar  nas distintas aulas de EI e EP o tema "Mulleres admirables".

Aquí podedes ver o noso traballo, esperamos que gocedes con el.



Mañá, cada equipo fará unha pequena presentación do seu traballo e remataremos cunha posta en común.