Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:
- O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
- Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
- Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
- Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
- Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe podes acceder á prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.