O VERBO(2º/3º) E.P.

 O VERBO





Se picades nas imaxes, aparecerá a dirección delas.







 

- Hoxe, imos centrarnos nunha nova clase de palabras. Pero antes de comezar coa explicación, ídesvos fixar nas imaxes que aparecen a continuación.


 




-     -  Agora pensade no que están a facer as persoas que aparecen nelas. Cando o saibades, levantades a man e diredes o que están a facer utilizando UNHA SOA PALABRA.


 





Na rimeira imaxe, a palabra pode ser LER.









- Na segunda imaxe, a palabra é SALTAR.












- Na terceira, a palabra é COMER.








Na última imaxe, a palabra é XOGAR.

- Moi ben! As palabras LER, SALTAR, COMER e XOGAR indícannos as ACCIÓNS que están a realizar esas persoas. Ás palabras que expresan ACCIÓNS, chamámolas VERBOS.

   - Entón, un verbo é unha palabra que expresa unha ACCIÓN.


-  Si. E a forma que serve para nomear ao verbo é o INFINITIVO que pode rematar en -ar, -er ou -ir.


Pero, os verbos teñen moitas formas dependendo de quen realice a acción ou cando se realice. Así podemos dicir: LES, SALTAMOS, COMERÁS, XOGARON…O conxunto de todas as formas dun verbo chámase CONXUGACIÓN, hai tres conxugacións segundo a terminación do infinitivo:

·       1ª, verbos co infinitivo acabado en –ar.

·       2ª, verbos co infinitivo acabado en –er.

3   3ª, verbos co infinitivo acabado en –ir.


 - Poderiamos dicir que a CONXUGACIÓN é o conxunto de todas as formas dun verbo.



  - Entendíchelo moi ben.

Agora IDES PENSAR en que TEMPO realizaríanse estas accións: LES, SALTAMOS, COMERÁS, XOGARON.



En LES, a acción sitúase agora, no momento actual, o PRESENTE. En COMERÁS, a acción sitúase despois do momento actual, no FUTURO, porque aínda non está a comer. En XOGARON, a acción sitúase antes do momento actual, no PASADO porque xa se realizou.

- Todas as vosas respostas foron moi                         boas. 

Quen da clase podería facer un                              resumo do aprendido? 


   - Eu. Poderiamos definir verbo, conxugación e infinitivo así:

·       O VERBO é unha palabra que expresa unha ACCIÓN.

·       A CONXUGACIÓN é o conxunto de todas as formas do verbo.

O INFINITIVO é a forma que serve para nomear ao verbo. 


  - Esquecíchesche de dicir que “As FORMAS VERBAIS sitúan a ACCIÓN no TEMPO: presente, pasado, futuro”.


- Nenos e nenas creo que xa sabedes o que é un verbo. Agora podedes realizar algunhas das actividades que aparecen nos vosos libros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.