GALEGO: TRABALLAMOS A COMPOSICIÓN ESCRITA


NESTA PÁXINA DESENVOLVEREMOS UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR A COMPOSICIÓN ESCRITA.

________________________________________________________________


A descrición dunha imaxe do espazo

Imos facer a descrición dunha fotografía relacionada coa exploración do espazo.

 “A sonda espacial  Pioneer X preto de Xúpiter”, o enlace da foto é:



Para comezar imos facer unha serie de actividades que te axudarán a realizar este traballo de composición escrita.

PLANIFICANDO O TRABALLO

FASE I

Primeiro, observa a imaxe e responde:

Ø  Que elemento se ve en primeiro plano, é dicir, diante de todo?
Ø  Que hai detrás?
Ø  Que se ve ao fondo da imaxe?

Logo, sinala como de distribúen ditos elementos na imaxe.

Á dereita:
No centro:
Á esquerda:

Despois, clasificaas seguintes afirmacións segundo se refiran ao planeta   Xúpiter ou a sonda espacial.
  • Está feita de aluminio.
  •  Non se ve enteiro.
  •    É moi grande.
  •    É pequeña.
  •    Ten raias marróns e brancas.
  •  No centro ten unha antena parabólica.
  •  Ten unha parte iluminada polo Sol.
  •  Arredor ten tres antenas máis.
Planeta Xúpiter:

Sonda  Espacial Pioneer  X: 

A continuación, vas  elaborar o teu guión respondendo as preguntas sobre os elementos da foto.


PIONEER  X
XÚPITER
SOL
Que é?
Como é?
De que está feita?
Que ten no centro?
Que ten arredor?
Que é?
Como é?
Como se ve?
De que cor é?
Que lle pasa nunha das partes?

Que é?
Como é?
Que posición ocupa?
Que hai ao seu arredor?
                                    
Finalmente, pensa como vas ordenar a descrición da imaxe:

  • Do primeiro plano ao fondo (ou ao revés): Primeiro describes os elementos que hai en primeiro plano, despois os que hai detráse, por último, os que están no fondo.

  • De dereita a escquerda(ou ao revés): Primeiro descríbense os elementos que hai á dereita, despois os que hai no centro e, finalmente, os que quedan á esquerda.

FASE II

Borrador

Primeiro, inicia a túa descrición cunha oración onde digas o que representa a imaxe.

Despois, utiliza as respostas da táboa para describir cada elemento da foto e faino seguindo a orde que escolliches( do primeiro plano ao fondo ou de dereita a esquerda)

Debes utilizar expresións que indiquen a localización de cada elemento: no centro, debaixo, ao lado, á dereita, á esquerda, ao fondo…

Finalmente, le a descrición e comproba, mirando a imaxe, que están todos os elementos descritos, que segue unha orde lóxica e que a puntuación e a acentuación é correcta

FASE III

Edición.
Subila a Agueiro.

________________________________________________


TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: O CASTIÑEIRO



______________________________________________________


                TRABALLO DE INVESTIGACIÓN : “A infanta Margarida de Picasso”


A infanta Margarida de Pablo Picasso

Fase I: Planificación

  1. Observa o cadro.
·         Como se titula?
·         Quen é o autor?
·         Que representa? Faino dunha maneira abstracta ou realista?
·         Que cores predomina nel? Que formas?

  1. Busca información sobre Pablo Ruiz Picasso nos seguintes enlace.

·         Data de nacemento e defunción
·         Etapas e obras principais

  1. Investiga sobre o cadro nos seguintes enlaces:

Cubre unha ficha cos seguintes datos:

Tìtulo do cadro:

Lugar e ano de creación:
Tipo de pintura:
Características principais:
Serie pictórica á que pertence:
Lugar onde se atopa actualmente:

Fase II: Textualización

  1. Clasifica as información obtenidas nos apartados  anteriores no bloque correspondente:
·         O artista
·         A serie pictórica
·         O cadro

  1. O borrador
  • Pensa en que orde vas explicar a información que contén cada bloque: por onde vas comezar?, que vas explicar a continuación?...
  • Redacta de forma clara e ordenada a información obtida nos distintos bloques.
  • Pensa nos recursos que podes utilizar para acompañar as túas explicacións: fotografías, esquemas, liñas do tempo…
  • Revisa o borrador antes de pasar á fase final (organización de ideas,ortografía, puntuación...)

Fase III Edición

  • Ao pasalo a limpo ten en conta a distribución do espazo, marxes, limpeza…

 ______________________________________________


              A BIOGRAFÍA: Manuel María



Autobiografía poética de Manuel María

Eu son de Outeiro de Rei,

viliña da Terra Chá,

onde aprendín a viver

e a soñar en libertá. (...)



Vivín en Lugo algúns anos,

conseguín ser bachiller

e gastei a adolescencia

en troulear e escriber.



En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡conmigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!

Casamos. Quixo o destino
-ou cecais a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.

Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...

Profesión...¡ procurador !
Ando a exercer como tal
pro sempre usei ese oficio
dun xeito limpo e cabal. (...)

   Despois de ler esta "autobiografía poética" , le as biografías do autor  que aparecen nas seguintes ligazóns: 
                           Ficha do autor  
                             Biografía 
Logo, localiza a información correspondente con cada estrofa da súa autobiografía. 
A continuación, ordena a información e comeza coa redacción do borrador que será revisado pola profesora.

Finalmente, pásaa a limpo e ilústraa.

___________________________________________


OS CONTOS DE MEDO

 A entrada a unidade didáctica esta ao pinchar a imaxe

http://sitededicas.ne10.uol.com.br/gifs/novos_gifs3/conto-reflexivo-medo2a.gif
______________________________________________

A DESCRIPCIÓN





COMPOSICIÓN DE TEXTOS: DESCRIBIMOS UN LUGAR
OBXECTIVOS

  • Describir unha paisaxe.
  • Repasar o adxectivo para describir.
  • Repasar preposicións e adverbios que indican lugar.
  • Obsevar cadros ou litografías paisaxísticas.
CONTIDO
A descrición dun lugar.
COMPETENCIAS
Ademais de desenvolver a competencia en comunicación lingüística contribuirá ao desenvolvemento de:

  • Competencia cultural e artística.
Observar cadros paisaxísticos de autores relevantes.
  • Tratamento da información .
Facer unha táboa de tres columnas : a primeira coa información do plano( primeiro plano, segundo plano, ao fondo…); a segunda cos substantivos que reflicten o que se ve; a terceira cos adxectivos que completan a descripción.
  • Tratamento da competencia dixital
Localizar na web cadros e litografías paisaxísticas de autoresrelevantes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • Observa os detalles
  • Organiza ben os datos
  • Utiliza conectores de lugar
  • Expresa a impresión que lle produce a paisaxe.

Describir un lugar é como facer unha fotografía con palabras. Para iso hai que fixarse moi ben no que hai (obxectos, luces, cores, sons,… ) e ,despois ,dicir como é cada elemento e onde se atopa situado seguindo unha orde.
Fase I
PLANIFICACIÓN
1º Debes observar todos os detalles .
2º Elaborar unha táboa de tres columnas onde poder escribir as palabras que nos axudarán a ser claros e precisos.

CONECTORESSUSTANTIVOSADXECTIVOS E COMPARACIÓNS
Primeiro plano
Segundo plano
Ao fondo
Xunto a
Detrás de
Campo
Vila
Montañas
Ceo
Amarelo
Pequena
Silenciosa
Despexado
AzuL
Coma o mar

3º Organizar os datos seguindo unha orde que pode ser:

  • Do primeiro plano ao fondo ou do fondo ao primeiro plano.
  • De esquerda a dereita ou de dereita a esquerda.
  • Do xeral ao particular.
4º Expresar a impresión que nos produce a paisaxe( de paz, misterio, medo…)

Fase II
REDACCIÓN DO TEXTO
Borrador

  • Debes iniciar a descrición facendo una presentación xeral do lugar.
  • Describir o lugar seguindo a orde que escolliches ao elaborar a táboa.
  • Utiliza correctamente as palabras que indican situación no espazo (conectores) para indicar onde se atopa cada un dos elementos.
Fase III
CORRECCIÓN E EDICIÓN

  • Revisa o texto fixándote especialmente nos conectores e na ortografía.
  • Pásaso a limpo. Podes incluír algún debuxo ou fotografía do lugar descrito.





TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS PLANTAS

ACTIVIDADE 1: Uso medicinal das plantas.


O nome das plantas é o título do proxecto do EDLG deste curso para fomentar e potenciar a lingua galega.


Os alumnos e alumnas de 5º investigaremos o uso medicinal dalgunhas plantas.


Obxectivo: Coñecer as plantas medicinais da nosa flora.




Planificación

  1. 1. Buscar información sobre cada a planta para realizar unha ficha que informe sobre:
Nome galego:
Nome científico:
Hábitat:
Propiedades medicinais

1. 2. Debaixo do nome da planta que imos investigar están os enlaces onde buscar a información. 

  • Carqueixa
http://farmacia.org.es/Planta
http://www.ecobolo.com/carqueixa.html http://fernandezsendin.blogspot.com.es/2012/07/la-carqueixa-planta-medicinalvirtudes-y.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Genista_tridentata

  • Rosa canina:

http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
http://fichas.infojardin.com/rosas/rosa-canina-escaramujo-rosal-perruno-zarzarrosa.htm
http://www.nutricionequilibrada.es/propiedades-de-la-rosa-canina-alimentos-y-salud/

  • Fencho macho:
http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
http://www.plantascurativas.com/informacion-de-la-planta-medicinal-Helecho+macho-252.html

  • Fiuncho:
http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
http://www.botanical-online.com/medicinalsfoeniculum.htm

  • Herba Luisa:
http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
http://farmacia.org.es/Plantas.html
http://www.botanical-online.com/medicinalsmarialuisacastella.htm

  • Herba de san Xoán:
http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
  • Mencía:
http://www.ecobolo.com/vid-roja.html
http://farmacia.org.es/Plantas.html

  • Xesta:
http://www.rdnattural.es/plantas-y-nutrientes-para-el-organismo/plantas/hiniesta/
http://es.wikipedia.org/wiki/Cytisus_scoparius
http://www.plantascurativas.com/informacion-de-la-planta-medicinal-Retama+com%FAn-439.html

  • Toxo:
http://www.hierbamedicinal.es/los-beneficios-del-tojo http://www.infojardin.net/fichas/plantas-medicinales/ulex-europeaus.htm
  • A ortiga:
http://www.misabueso.com/salud/Ortiga
http://www.botanical-online.com/lesortigues7castella.htm

  • Allo:
http://www.botanical-online.com/listado_plantas_medicinales.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/Allo

  • Carrasca, carpaza, quirugao ou brezo:
http://www.natureduca.com/med_espec_brezo.php
http://www.botanical-online.com/carrasca.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Calluna_vulgaris
http://www.hierbamedicinal.es/uso-terapeutico-del-brezo
http://www.natureduca.com/med_espec_brezo.php

  • Eucalipto:
http://www.misabueso.com/salud/Eucaliptohttp://www.ecoagricultor.com/2013/05/medicinal-eucalipto/
http://www.botanical-online.com/medicinalseucalipto.htm
http://w4.siap.sagarpa.gob.mx/AppEstado/monografias/Especias/Eucalipto.html

  • Carballo:
http://www.rios-galegos.com/arb10.htm
http://www.rios-galegos.com/arb10.htm
[[http://www.riosgalegos.com/arb10.htm#O_tronco_e_a_súa_madeira|http://www.riosgalegos.com/arb10.htm#O_tronco_e_a_súa_madeira]]

  • Salgueiro:
http://www.rios-galegos.com/arb1.htm#NOME_GALEGO
http://www.tuasaude.com/salgueiro/
http://www.botanical-online.com/medicinalssauce.htm

  • O bidueiro:
http://www.rios-galegos.com/arb3.htm#O_tronco_e_a_madeira_do_bidueiro:_
http://www.rios-galegos.com/arb3.htm#BIDUEIRO

  • Castiñeiro:
http://www.botanical-online.com/propiedadescastano.htm
  • A cerdeira:
http://www.botanical-online.com/medicinalsprunusavium.htm
  • Espiño
http://arboresgalicia.blogspot.com.es/search/label/Espi%C3%B1o
http://www.rios-galegos.com/arb77.htm#Curiosidades:

  • Faia:
http://www.botanical-online.com/medicinalshaya.htm
  • Maceira:
http://www.botanical-online.com/medicinalsmatricariacastella.htm
  • A Nogueira:
http://www.espiritugaia.com/Nogal.htm
http://www.botanical-online.com/nuecespropiedadesnogal.htm

  • A pereira:
http://www.botanical-online.com/medicinalspyruscomunnis.htm
  • Tilo:
http://www.botanical-online.com/medicinalssauce.htm
  • Tomillo
http://www.botanical-online.com/medicinalstimo.htm
  • Romero
http://www.botanical-online.com/romero.html
  • Manzanilla común:
http://farmacia.org.es/Plantas.html
http://www.misabueso.com/salud/Manzanilla
http://www.botanical-online.com/medicinalsmatricariacastella.htm

  • A Popoula:
http://www.botanical-online.com/medicinalsamapola.htm

1.3. Localiza unha imaxe da planta investigada.


Edición

Redacta a ficha cos datos recollidos na vosa investigación.

Recorda que debe ir acompañada dunha imaxe.




ACTIVIDADE 2: Árbores ameazadas.


O nome das plantas é o título do proxecto do EDLG deste curso para fomentar e potenciar a lingua galega.

Os alumnos e alumnas de 5º investigaremos sobre a flora galega que está en perigo.


Obxectivo: Coñecer as plantas da nosa comunidade que están en perigo.


Planificación

  1. 1. Buscar información sobre cada a planta para realizar unha ficha que informe sobre:
Nome galego:
Nome científico:
Hábitat:
Descrición:

1. 2. Debaixo do nome da planta están os enlaces onde buscar a información.

  • O teixo
http://gl.wikipedia.org/wiki/Teixo
http://www.rios-galegos.com/arb103.htm
http://arboresgalicia.blogspot.com.es/search/label/Teixo

  • O acivro
http://arboresgalicia.blogspot.com.es/search/label/Acivro
http://www.rios-galegos.com/arb14.htm

  • Armenia merinoi
http://gl.wikipedia.org/wiki/Armeria_merinoi
http://www.floravascular.com/index.php?spp=Armeria%20merinoi
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/971_tcm7-149578.pdf

  • Camariña
http://gl.wikipedia.org/wiki/Camari%C3%B1a
http://es.wikipedia.org/wiki/Corema_album

  • Carballo anano
http://gl.wikipedia.org/wiki/Carballo_anano
http://baiaedicions.net/editorial/poderiamos-estar-ante-a-extincion-do-carballo-anano-en-galicia/

  • Fento do cabeliño

http://gl.wikipedia.org/wiki/Fento_do_cabeli%C3%B1o

  • Fento frisado
http://gl.wikipedia.org/wiki/Fento_frisado
  • Cystopteris diaphana
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cystopteris_diaphana
  • Fento macho
http://gl.wikipedia.org/wiki/Dryopteris_aemula
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lirio_de_monte
http://www.ecured.cu/index.php/Lirio_de_monte

  • O acereiro

www.rios-galegos.com/arb102.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/Acereiro

  1. 3. Localiza unha imaxe da planta para ilustrar a ficha.
  2. Edición
Redacta a ficha cos datos recollidos na vosa investigación.
Recorda que debe ir acompañada dunha imaxe.






LETRAS GALEGAS 2013
Webquest: Roberto Vidal Bolaño

Xoguemos con: Roberto Vidal Bolaño





webquest: "Imos contar dos animais"




UNIDADE DIDÁCTICA: LETRAS 

GALEGAS 2012
webquest: A orixe das Letras 

Galegas e Valentín Paz Andrade.

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

UNIDADE DIDÁCTICA: O CÓMIC


Como sabes o cómic é unha narración contada a través de debuxos, xeralmente acompañadas de texto.

O texto escrito pode aparecer
  • En cartelas, nas que se dá a información sobre o espazo, o tempo…no que se desenvolve a acción.
  • Nos globos, onde se reproduce os diálogos ou pensamentos dos personaxes.
  • Sobre o debuxo se se trata de onomatopeas.
Para saber máis
Taller de creacción de cómic:http://www.mejoresideas.com/taller-creacion-comic.html



O cómic(1)







ACTIVIDADE 1
Deseña un cómic a partir dun conto de tradición oral, tradicional ou inventado.
(Máximo catro tiras de tres viñetas cada unha)

1. Escribe o argumento do conto.

2. Elabora o guión borrador de cada viñeta:


VIÑETAQUE DEBUXO?QUE PLANO?QUE TEXTO?ONOMATOPEA..BOCADILLOS UTILIZADOS?CARTELA?
1ª Viñeta



2ª Viñeta



3ª Viñeta



4ª Viñeta





3. Distribúe as viñetas en cada plana.

Recorda que:

- Poden ter distinto tamaño.

- Debes deixar un espazo en branco entre as viñetas.

- Pode haber algunha sen recadro.

- Debes facelo a lapis suavemente para que non queden marcas se tes que borrar.

- A plana debe quedar totalmente chea.


4. Debuxa o cómic tendo en conta o guión borrador de cada viñeta. Faino a lapis suave por se tes que borrar.

Logo cun rotulador negro de punta fina repasa os debuxos.


5. Escribe os textos a lapis:

- Letra de imprenta.

- Maior tamaño se falan alto e máis pequena se falan baixo.

- Encérraos no globo ou nunha cartela.


6. Revisa a ortografía, fixándote especialmente no uso dos signos de puntuación e repásao cun rotulador negro de punta fina.


7. Colorea os debuxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.