COMO SE ALIMENTAN E COMO RESPIRAN AS PLANTAS?

Dirección imaxe

A NUTRICIÓN DAS PLANTAS

 

As plantas non necesitan tomar alimentos como as persoas ou os animais porque elas fabrican os seus alimentos a partir de substancias que están no medio onde viven.






COMO PRODUCEN  O SEU ALIMENTO?

 Para a elaboración do seu alimento as plantas misturan todas as substancias coma se estivesen elaborando unha receita de cociña.

Ingredientes:

  • ·        Sales minerais que se atopan no solo.
  • ·        Auga
  • ·        O dióxido de carbono, que é un gas que se atopa na Atmosfera.
  • ·        A luz solar.

Pasos a seguir:

1º As plantas absorben a auga e as sales minerais que se atopan no solo a través dos pelos absorbentes da raíz.

A mestura da auga e as sales minerais é o ZUME BRUTO.

Auga+ sales minerais = zume bruto.

2º Despois, o zume bruto ascende  desde a zaíz ata as follas polos vasos condutores.

 3º Logo, as follas toman  dióxido de carbono do aire. Cando o zume bruto chega ás follas, mestúrase  co dióxido de carbono e transfórmase en zume elaborado que é unha mestura de auga e substancias nutritivas.

Zume bruto+ dióxido de carbono = zume elaborado.

Zume elaborado = auga + substancias nutritivas.

Pero, como se transforma o zume bruto en zume elaborado?

Pois grazas a enerxía da luz do solar mediante un proceso chamado fotosíntese.

Como captan as plantas a enerxía do sol?  

Nos cloroplastos da plantas está a clorofila, unha substancia de cor verde, que atrae a enerxía solar.

Durante a fotosíntese, a planta produce osíxeno que se libera á atmósfera.

4º Finalmente, o zume elaborado a través dos vasos condutores, que non son os que levan o zume bruto, distribúe o alimento por toda a planta.




O dióxido de carbono que captan as follas da atmosfera.

O osíxeno que produce a planta e libérao para a atmosfera.





A RESPIRACIÓN NAS PLANTAS


Ao respirar as plantas, o mesmo que as persoas, toman o osíxeno do aire e expulsan dióxido de carbono a atmosfera.

Coa respiración as plantas consiguen o osíxeno que necesitan para obter a enerxía do zume elaborado. Pero a cantidade de osíxeno que captan as plantas cando respiran é menor que a que eliminan durante a fotosíntese.

As plantas, como as persoas, respiran de día e de noite.

 




IMOS PENSAR 


1. Sabemos que as plantas respiran de día e de noite, pero so realizan a fotosíntese polo día. Poderías explicar por que?

Unha pista que te pode servir para o teu razonamento atópase nos “ingredientes” que precisan para realizar a fotosíntese.

2Le este texto:

Ao terminar a fotosíntesis e cando a planta xa elaborou os seus alimentos, libérase  osíxeno, gas que os seres vivos toman do aire na respiración.”

 

Cres que por iso considéranse as plantas como os pulmóns da Terra? Razoa a túa resposta.

 

     3. Como sabemos o aumento do “dióxido de carbono” é               perxudicial  para os seres vivos e para a Terra. Cres que         o aumento de bosques pode axudar a reducir este gas no           aire? 

Razoa a túa resposta.

 Pódeche axudar a pensar e argumentar a túa resposta isto:

As follas captan o dióxido de carbono.

A  planta produce osíxeno que libera á atmosfera.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.