lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.






Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.

Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida  á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.

 O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.