Ás nove e media, o alumnado de Infantil e de Primaria confeccionaron un maio coas flores que trouxeron das súas casas. Despois do recreo, ás 13:10 todos os alumnos e alumnas do colexio baixaron ao patio do recreo e cada Ciclo colocouse ao redor do seu maio para cantar "Os Maios" Pola tarde, a comunidade educativa gozou co Festival de Danza Galega no que participou todo o alumnado que asistiu a esta actividade ao longo deste curso.
Hoxe, co motivo da Semana Cultural Das Letras Galegas, o alumnado do 3º Ciclo achegouse ao mundo do cine de animación da man de Chelo Loureiro, produtora do corto O Xigante. Os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de ver este corto, nominado aos premios Goya.
Profesora de EP en el Ceip Luis Pimentel de Lugo.
Este Blog tiene carácter educativo, sin ánimo de lucro .As imaxes, vídeos... son usados con este fin. Si en algún momento vulvero la propiedad intelectual, poneos en contacto conmigo (tereluispimentel@gmail.com) y retiraré la entrada.