Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de marzo de 2017

OS SERES VIVOS

Na clase de CN, despois de estudiar os cinco reinos, buscamos información sobre un ser vivo. Aquí está o resultado das nosas investigacións. 


                              A pantera negra de mttq

                             O camaleón de mttq
                                                 O coello anano de mttq
                                            O gato último de mttq
                               O oso pardo de mttq
                                 O pingüino emperador de mttq
                               O tigre blanco de mttq
                                   O s peixes [reparado] de mttq
                              Os tigres de mttq




O REI DA SELVA

CLASE: Mamíferos
ORDE: Carnívoros       
FAMILIA: Felinos
NOME BINIOMAL: Panthera Leo
DESCRICIÓN: Corpo robusto, cabeza grande e case cuadrandular . Orellas redondeadas, ollos de tamaño mediano e extremidades grosas e moi robustas . A cabeza e o colo do macho están rodeados por unha espesa melena
TALLA: 180 a 240 cm de lonxitude, máis a cola de 60 a 90 cm,e unha alzada de 80 a 100 cm

PESO: Entre 150 e 220 kg

DISTRIBUCIÓN: África, ao sur do Sahara e unha pequena zona da India.

HÁBITAT: Prefire as chairas con matorrais e bosques de árbores pequenos,ou estepas áridas e secas ou as rexións desertas e desoladas.

ALIMENTACIÓN: Carnívoro. Antílopes, suinos salvaxes, animais criados polo home, cabras salvaxes e animais grandes en xeral

SOCIAL: Vive illadamente e únese a femia na época de celo. Nalgunhas rexións os leóns reúnense en manadas para cazar.

COMPORTAMENTO: Durante o día permanecen debaixo dun matorral; cazan de noite ou en horas crepusculares.

MADUREZ: Aos 6 ou 7 anos.

XESTACIÓN: De 15 ou 16 semanas.

CRÍAS: De 1 a 6.

LONXEVIDADE: 12 anos en liberdade, máis de 20 en cautividade.

PESO AO NACER: Pouco máis de 1 kg.



O LEÓN (PANTHERA LEO)


É un mamífero carnívoro da familia dos felinos e unha das cinco especies do xénero Panthera. Algúns machos , excepcionalmente grandes,chegan a pesar 220 kg e a medir 240 cm de lonxitude , o que os converte no segundo felino vivente máis grande despois do tigre .Os león máis salvaxes viven na África subsahariana ,Asia e India.


Se sobreviven as dificultades da infancia, as leoas poden chegar a vivir entre 12 e 14 anos e os leóns máis de 8 anos .Adoitan vivir en sabanas e praderías , aínda que poden entrar en zonas arbustivas e boscosas. Os leóns son animais especialmente sociais en comparación con outros felinos. Unha manada de leóns componse de femias que teñen unha relación familiar , as súas crías e un número reducido de machos adultos .Os grupos de leóns adoitan cazar xuntos,atacando principalmente a grandes animais.

Durante a época de celo, o león únese a femia, se esta queda embarazada a súa xestación e de 15 a 16 semanas e poden chegar a ter desde 1 ata 6 crías que ao nacer pesan pouco máis de 1 kg.


BIBLIOGRAFÍA:


http://www.zoowebplus.com/animales/ficha.php?animal=leon enlace ficha.

                                            Pica sobre as imaxes e irás ao enlace


Autores: Emma e Manuel


__________________________________________



 OS COLIBRÍS                                  
O colibrí é un animal vertebrado,especificamente un ave.

Lugar onde viven: Principalmente viven en América dende Alaska ata o Arquipélago de Fuego. O país con maior número de estas aves é Colombia, con ata 165 especies.
Alimentación: As principais fontes de alimento do colibrí  
son o azúcar, a sabia de árbores, o polen e os insectos. Cada día, eles consumen ata 3 veces o seu peso corporal.
 Características: É a ave máis pequena do mundo, esta pesa aproximadamente 2 gramos. O colibrí ten un papel moi importante na polinización xa que esta aliméntase do néctar das flores. Esta ave é a única que pode voar hacia atrás sen dar a volta, o seu desprazamento é de aproximadamente 45km/h.

Comportamento: Son animais solitarios e soen ser agresivos á hora de loitarse por alimento, utilizando os seus picos como armas. O seu sistema de comunicación é a base de sons cortos ou largos; estos últimos son utilizados durante a etapa de cortexo ou para espantar aos intrusos.

Reprodución: Os rituais de apareamento do colibrí é coñecido como o cortexo buceo, os machos suben polo menos 60 pés no aire, e logo rapidamente cae, fan una volta en U, e volven a facelo. Continuarán co proceso ata que teñan á atención dunha hembra ca que podrán aparearse.
                  

                     Enlaces imaxes: Pica sobre elas

                       Autores: Antía, Diego, Gabriel


miércoles, 8 de junio de 2016

lunes, 4 de abril de 2016

OS ECOSISTEMAS


Esta semana realizamos unha actividade plantexada polo profesor de prácticas, Alberto.  A actividade consistiu na elaboración de distintos ecosistemas  en papel de acetato, para a súa realización estivemos traballando por grupos e o material que empregamos foron rotuladores de distintas cores e alcohol para poder borrar se nos equivocábamos ao debuxar algunha cousa.

Unha vez realizados os debuxos dos ecosistemas no acetato preparamos a exposición oral acerca do tipo de ecosistema que nos tocou (Os ríos, as praias, os bosques…) para poder  presentarllo despois ao resto dos compañeiros.


Na presentación falamos principalmente da fauna e da flora que habitan nestes ecosistemas e que estivemos traballando este trimestre.









miércoles, 16 de diciembre de 2015

A SAÚDE DO APARELLO LOCOMOTOR E DO SISTEMA NERVIOSO

Na clase de ciencias naturais estivemos a nos informar sobre a saúde do aparello locomotor e do sistema nervioso. Cada grupo preparamos o traballo que logo expuxemos.

Preparando o traballo





Expoñéndoo






Vídeos descolgados