Neste día todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. Pero se todo se reduce a un día... conseguiremos o noso obxectivo, resolver os conflictos de forma pacífica?
Aquí temos algunhas actividades que nos poden axudar a dar resposta a esta pregunta.
Algunhas das actividades son poesías creadas por nenos e nenas da vosa idade e outras están escritas por poetas e poetisas. Lédeas e escollede unha para recitar diante dos vosos compañeiros e compañeiras.
Se algún ou algunha quere imitar a eses nenos e nenas que por un día convertéronse en poetas e poetisa, animádevos e todos e todas gozaremos coas vosas poesías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.