Como o tema proposto polo equipo de DNL do colexio xira en torno á conservación do medio ambiente, imos ir a Taramundi ao Museo dos Muíños.
Alí poderemos ver:
- Unha serie de muíños de percusión, que non utilizan pedras ou moas para moer, senón que machucan o gran nuns cuncos de madeira ou de pedra onde se deixa caer unha maza de madeira percutindo sobre o gran.
- O muíño chinés ou asiático que consiste nunha panca de madeira cun apoio central en cuxo extremo se coloca un mazo, que se acciona pisando co pé no outro extremo da panca.
- Unha mini-central eléctrica que fornece de enerxía ao museo e cuxos excedentes son vertidos á rede. Trátase dunha instalación moderna que cumpre coa normativa vixente, conservándose os antigos elementos da instalación dispostos á entrada do edificio.
Para ir facéndovos unha idea do que ides ver, podedes pica en "Engadir lenda" e .... transportarédesvos non só ao marabilloso mundo dos muíños senón tamén veredes a enerxía que ten a auga.
Añadir leyenda |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.