O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
O tema para o Día Internacional da Muller 2018, o 8 de marzo, é “Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres”.
O 8 de marzo foi unha data moi importante para as mulleres españolas; xa que, puideron acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións o 8 de marzo de 1910, cando se aprobou unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas” pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrución Pública.
Gozade e reflexionade con estas viñetas do humorista gráfico, Forges, nas que denuncia os problemas da muller e reclama un trato máis igualitario para elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.