domingo, 1 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA: BIOGRAFÍA

Autobiografía poética de Manuel María

Eu son de Outeiro de Rei,
viliña da Terra Chá,
onde aprendín a viver
e a soñar en libertá. (...)

Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escriber.

En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡conmigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!

Casamos. Quixo o destino
-ou cecais a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.

Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...

Profesión...¡ procurador !
Ando a exercer como tal
pro sempre usei ese oficio
dun xeito limpo e cabal. (...)

   Despois de ler esta "autobiografía poética" , le as biografías do autor  que aparecen nas seguintes ligazóns: 
                           Ficha do autor  
                             Biografía 
Logo, localiza a información correspondente con cada estrofa da súa autobiografía. 
A continuación, ordena a información e comeza coa redacción do borrador que será revisado pola profesora.
Finalmente, pásaa a limpo e ilústraa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.