miércoles, 21 de enero de 2015

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, 30 DE XANEIRO

Como todos os anos por estas datas reflexionamos sobre a "Paz, a Non Violencia, a Solidaridade, a Convivencia..."; pero se só se reduce a isto non serve para nada. 

O importante é esforzarse porque a Paz reine todos os días nas nosas relacións cos nosos compañeiros, amigos, familiares..., que cada día gane a xenerosidade, a convivencia, o amor, a xusticia..

Imos ler os contos "As árbores da Paz" e "Wangari y los árboles de la Paz" para comentalos en gran grupo e axúdennos a facer realidade os nosos desexos.
  

Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no continente africano, a primeira muller que obtivo un doutorado en África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde foi decana da súa facultade na Universidade de Nairobi.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.