jueves, 21 de marzo de 2013

AULA 21: XOGO DAS RELACIÓNS COMERCIAIS




Hoxe, en axenda 21 fixemos un xogo por grupos no que tiñamos que invertarnos un nome para formar un país. Nese xogo, déronnos unha funda na que había diferentes materiais para cada grupo e poder debuxar unhas figuras e obter diñeiro a cambio das figuras realizadas e de materiais que vendemos (así en cada grupo). Despois, vimos que grupo obtivo máis diñeiro. Tamén nos contaron os titores para que nos fíxeron o xogo:  para que nos désemos conta do que sucedía no mundo. 
Por último, falamos sobre o tema e preguntáronnos se nos gustara a actividade e  pedíronnos  que non lle contaramos ós alumnos das outras clases de que iba o xogo.

Traballo feito por: Alexis Gude Vila Nº16 – 6ºA.

________________________________________________________________________



Hoxe, vinte de marzo de 2013, volveu  Axenda 21 ao noso colexio cun obxectivo. Que era que aprendesemos a economizar e a axudarnos entre países.
Primeiro,  agrupáronnos  para que formásemos países. Cada grupo inventou un nome para o seu país.
O obxectivo de cada país era gañar máis diñeiro que os outros grupos. Para elo, tiñan que elaborar unhas figuras para logo vendelas. O problema, era que todos os países non tiñan o mesmo material para facer figuras. Por iso, non todos os países gañaron a mesma cantidade de diñeiro.
Nesta charla, aprendín que todos os países non son iguais; senón que uns son máis pobres e outros son máis ricos.

Paula Rodríguez González

_______________________________________________________

O vinte do marzo do 2013, os monitores de Axenda 21 ensináronnos un xogo.

Neste xogo, dividímonos en cinco grupos de cinco persoas. A cada equipo, déronlle diferentes materiais que tíñamos que utilizar para facer distintas figuras e conseguir diñeiro. Tamén podiamos comprar e vender materiais a outros grupos, pedilos prestados, intercambialos... Pero o principal obxetivo era que aprenderamos como inmigraban e emigraban as persoas duns países a outros, como se exportaban materiais, como se trababalla nun país pobres e como nun país desenvolto, etc. e a comparir calquera cousa cas persoas.


Lidia Gude Vila
Nº 17 - 6ºA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.