martes, 26 de febrero de 2013

Aula 21

CONSUMIR RESPONSABLEMENTE




Hoxe, dezanove de febreiro do 2013, Axenda 21 deunos unha charla co obxetivo de que soubésemos que é o consumo responsable e  como consumir responsablemente.

Vimos un vídeo no que aparecían dous tipos de homo sapiens: o homo consumus e o homo responsabilus.

O homo consumus consumía enerxía que non necesitaba, non aforraba electricidade, non reciclaba...

Mentres que o homo responsabilus, consume só a enerxía necesaria, aforraba electricidade, reciclaba os diferentes tipos de residuos no seu contenedor...

Despois, fixemos un libro coa axuda dos titores sobre o traballado anteriormente.

Nesta charla aprendín que se consumimos responsablemente podemos conservar mellor o noso planeta.




Lidia Gude Vila

Nº 17 – 6ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.