SON
O OSÍXENO
Eu son
o osíxeno, e atópome no aire . De pronto, entro nun corpo humano a
través duns condutos moi moi oscuros, as fosas nasais.
Un
compañeiro dime que non teña medo, que aínda falta moito para
saír.
Despois
paso cos meus amigos á farixe, logo á larixe, logo á tráquea!
Non, sepárannos! Eu vou ao pulmón
dereito polo bronquio dereito, pero o meu amigo vai ao esquerdo polo
outro bronquio. Xa estou no pulmón! Aquí algúns amigos van por un
bronquíolo, outros por outros…
Pum! De repente caín nun saquiño moi suave, o alvéolo pulmonar, que está recuberto de capilares sanguíneos. O meu avó dime:
Pum! De repente caín nun saquiño moi suave, o alvéolo pulmonar, que está recuberto de capilares sanguíneos. O meu avó dime:
-Mira! Alí veñen eses
gases cos que nós loitamos sempre, o dióxido de carbono, pero non
te preocupes, que nós non nos encontraremos con eles.
Nun
segundo, absorveume o sangue a través do intercambio de gases!
Todos esos capilares sanguíneos
dos que falei antes xuntáronse, e agora eu vou por eles, agora
chámanse veas pulmonares, que me levan a una saliña moi bonita, a aurícula esquerda do corazón
.
.
Jupi! Deslízome por un tobogán! Este tobogán é una válvula, que me
leva ao ventrículo esquerdo.
De repente, o ventrículo esquerdo contráese
e impúlsame cara a fóra pola arteria aorta.
Outra
vez sepárannos! As arterias divídense en arterias máis pequenas!
Dende a arteria aorta repártenme a todos os capilares dos
órganos, neles, algún amigos osíxenos pasan aos órganos e únense
a nós os nosos enemigos, o dióxido, e unhas substancias que non
coñecía, as substancias de refugo.
Ao pasar polo
intestino delgado, o sangue recolle os nutrientes e logo pasa polos
riles para filtrarse.
Todos
os capilares únense e forman veas que nos levan cara á aurícula
dereita. Da aurícula dereita paso ao ventrículo
dereito por outro tobogán, o ventrículo dereito contráese, e
expúlsame polas arterias pulmonares ata que chego outra vez aos
capilares dos alvéolos onde paso ao aire e fago o percorrido
inverso polas vías respiratorias e saio ao exterior xunto a
moitísimo dióxido de carbono.
Aquí
remato este marabilloso percorrido por un corpo humano no que me
divertín moito e vivín experiencias inolvidables.
Ana
Clementina Fernández Fariñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.