jueves, 21 de marzo de 2013

AULA 21: XOGO DAS RELACIÓNS COMERCIAIS




Hoxe, en axenda 21 fixemos un xogo por grupos no que tiñamos que invertarnos un nome para formar un país. Nese xogo, déronnos unha funda na que había diferentes materiais para cada grupo e poder debuxar unhas figuras e obter diñeiro a cambio das figuras realizadas e de materiais que vendemos (así en cada grupo). Despois, vimos que grupo obtivo máis diñeiro. Tamén nos contaron os titores para que nos fíxeron o xogo:  para que nos désemos conta do que sucedía no mundo. 
Por último, falamos sobre o tema e preguntáronnos se nos gustara a actividade e  pedíronnos  que non lle contaramos ós alumnos das outras clases de que iba o xogo.

Traballo feito por: Alexis Gude Vila Nº16 – 6ºA.

________________________________________________________________________



Hoxe, vinte de marzo de 2013, volveu  Axenda 21 ao noso colexio cun obxectivo. Que era que aprendesemos a economizar e a axudarnos entre países.
Primeiro,  agrupáronnos  para que formásemos países. Cada grupo inventou un nome para o seu país.
O obxectivo de cada país era gañar máis diñeiro que os outros grupos. Para elo, tiñan que elaborar unhas figuras para logo vendelas. O problema, era que todos os países non tiñan o mesmo material para facer figuras. Por iso, non todos os países gañaron a mesma cantidade de diñeiro.
Nesta charla, aprendín que todos os países non son iguais; senón que uns son máis pobres e outros son máis ricos.

Paula Rodríguez González

_______________________________________________________

O vinte do marzo do 2013, os monitores de Axenda 21 ensináronnos un xogo.

Neste xogo, dividímonos en cinco grupos de cinco persoas. A cada equipo, déronlle diferentes materiais que tíñamos que utilizar para facer distintas figuras e conseguir diñeiro. Tamén podiamos comprar e vender materiais a outros grupos, pedilos prestados, intercambialos... Pero o principal obxetivo era que aprenderamos como inmigraban e emigraban as persoas duns países a outros, como se exportaban materiais, como se trababalla nun país pobres e como nun país desenvolto, etc. e a comparir calquera cousa cas persoas.


Lidia Gude Vila
Nº 17 - 6ºA


miércoles, 20 de marzo de 2013

IMOS CONTARDOS ANIMAIS II: PRESENTACIÓNS

IMOS CONTAR DOS ANIMAIS I: INVESTIGANDO

Na clase de lingua galega estivemos realizando unha webquest sobre a fauna galega. O traballo realizouse en grupo  en dúas fases:

  •  Elaborar un informe partindo dos recursos aportados na webquest.
  • Presentación en open office.

                                                 Documentos elaborados na primeira fase.











miércoles, 13 de marzo de 2013

SEMANA DE LA PRENSA



http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/prensa/images/kiosco[1].gif
 La semana del 11 al 15 está dedicada a la "Prensa". Durante ella dedicaremos algún tiempo a leer y comentar alguna noticia en diferentes periódicos para fomentar el espíritu crítico del alumnado.


















jueves, 7 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER TRABAJADORA

http://4.bp.blogspot.com/_RsyKBL2MDYk/SbHpu1-5THI/AAAAAAAAB6Q/eYIR4LRYOkY/s400/Dia+de+la+Mujer.gif
El lema de este año para el Día Internacional de la Mujer, «Una promesa es una promesa: Es hora de actuar para acabar con la violencia contra la mujer», busca reforzar el compromiso de la comunidad internacional.

Para leer más





miércoles, 6 de marzo de 2013

TALLER SOBRE ACTIVIDAD FÍSICA Y NUTRICIÓN

    Ayer, cinco de marzo,  la Fundación Fedys (fundación educación, deporte y salud) realizó un taller para el alumnado se 6º A sobre la importancia que tiene la actividad física y la nutrición en la salud.



martes, 26 de febrero de 2013

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO PROGRESO

27 de febreiro de 2013

EL PROGRESO

Onte, os alumnos de 6º de primaria do CEIP Luis Pimentel visitaron as instalacións do xornal El Progreso. Estas instalacións están no polígono industrial O Ceao. Alí ensináronlles como se fan os xornais de cada día.
                                                           Lidia Gude Vila  Nº17-6ºA 

 



Aula 21

CONSUMIR RESPONSABLEMENTE




Hoxe, dezanove de febreiro do 2013, Axenda 21 deunos unha charla co obxetivo de que soubésemos que é o consumo responsable e  como consumir responsablemente.

Vimos un vídeo no que aparecían dous tipos de homo sapiens: o homo consumus e o homo responsabilus.

O homo consumus consumía enerxía que non necesitaba, non aforraba electricidade, non reciclaba...

Mentres que o homo responsabilus, consume só a enerxía necesaria, aforraba electricidade, reciclaba os diferentes tipos de residuos no seu contenedor...

Despois, fixemos un libro coa axuda dos titores sobre o traballado anteriormente.

Nesta charla aprendín que se consumimos responsablemente podemos conservar mellor o noso planeta.




Lidia Gude Vila

Nº 17 – 6ºA

viernes, 22 de febrero de 2013

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


O día 24 de febreiro celébrase en toda Galicia o día de Rosalía de Castro, autora de Cantares gallegos, libro que este ano cumpre 150.


Casa_Museo de Rosalía de Castro


 

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Rosalia.jpg

martes, 19 de febrero de 2013

jueves, 10 de enero de 2013

IMOS CONTAR DOS ANIMAIS

              "Imos contar dos animais" é un proxecto de traballo desenvolvido polo equipo de NDL do centro, ten como eixe o estudo dos animais domésticos,  silvestres e salvaxes  que sempre estiveron moi presentes nas nosas vidas e tradicións.
                      
                "A todo porco lle chega o seu San Martiño"

                Os alumnos e alumnas están a procura de información sobre as matanzas caseiras que se levaron a cabo en moitas casas galegas
TRABALLOS ALUMNOS E ALUMNAS

_____________________________________________________





_______________________________________________________




_____________________________________________________

__________________________________




__________________________________________________________






__________________________________________________________






___________________________________________________________





martes, 18 de diciembre de 2012

A SAÚDE E AS ENFERMIDADES

O tema 5º de Coñecemento do medio traballámolo en grupo con dous obxectivos:
- Localizar información sobre un tema.
- Ser quen de expoñer un tema ante a clase.
O tema divídese en catro bloques de contidos. Cada un deles é preparado por un grupo de alumnos e alumnas. Os contidos a traballar son:
1. A saúde e a enfermidade.
2. Riscos para a saúde.
3. As enfermidades infecciosas.
4. O tratamento das enfermidades.

A actividade desenvolveuse como se indica a continuación.



TRABALLOS DO ALUMNADO



A GALERÍA DE FOTOS ESTASE A PREPARAR

viernes, 7 de diciembre de 2012

EL ARTÍCULO DE OPINIÓN

El artículo de opinión es un texto periodístico que, a diferencia de la noticia, incluye las reflexiones y las opiniones del autor.

Rendimiento escolar y horas de dormir

Los ordenadores en el aula






miércoles, 7 de noviembre de 2012

REGATA EN EL CONCELLO DE MAÑÖN


Regata en el
Concello de Mañón

El sábado día 29/9/12 tuve una regata en Mañón. Por la mañana me levanté y tuve que desayunar y prepararme muy rápido.  Fui al Fluvial y al llegar cogimos las piraguas, las palas y los chalecos; preparamos la furgoneta, nos hicieron unas fotos y marchamos. Montamos en la furgoneta y nada más salir tuvimos que parar porque al conductor de una de las dos furgonetas se le había caído un cartel para avisar de que van piraguas. Paramos en la gasolinera y luego marchamos. Durante el camino fuimos escuchando música, hablando, cantando...

Cuando llegamos a Mañón fuimos a jugar al fútbol y después fuimos a la furgoneta a hablar y luego ya nos mandaron a comer; había lacón, empanada, hojaldre de jamón york, chorizo, chorizo criollo, agua y manzana. A la mayoría de los de mi equipo se les estropeó la comida porque hacía mucho viento y les caía el agua del vaso en ella.
Cuando acabamos de comer sacamos las piraguas, los chalecos y las palas. Nos preparamos y esperamos. Primero corrían los benjamines y después los de mi categoría, los alevines, mi equipo estaba formado por 3 niños y yo. En la carrera choqué con un niño pero no pasó nada y al chocar con el segundo me sacó la pala de las manos pero no volqué así que no pasó nada. Cuando acabé, me dijo mi entrenador que había quedado de 3ª o mejor.

Luego corrieron los infantiles, después los cadetes, a continuación los juveniles y por último los más mayores. Cuando acabaron de competir todos fuimos a jugar con el CLUB KAYAK DE FOZ y después tuvimos la entrega de premios, yo quedé de 3ª, dos niños y una niña de mi equipo, “Club Fluvial de Lugo” de 2º , un niño de 3º y dos chicas mayores de 1ª .

Luego, les dieron los trofeos a los clubs que quedaron de 1º, 2º y 3º. El nuestro no ganó trofeo.
Después fuimos a cenar, al acabar regresamos a la furgoneta los niños, mientras los mayores cargaban las piraguas, las ataban y enganchaban el remolque a la furgoneta. Cuando acabaron nos marchamos y ,en la furgoneta, estuvimos jugando, haciendo tonterías, comiendo cacahuetes... Al llegar a Lugo fuimos directos al Fluvial y allí estaban nuestros padres, nosotros descargamos las piraguas, las palas, los chalecos, las cuerdas... Nos despedimos y yo me fui con mis padres.


Mariña Torres Salgado


SON O OSÍXENO


SON O OSÍXENO
Eu son o osíxeno, e atópome no aire . De pronto, entro nun corpo humano a través duns condutos moi moi oscuros, as fosas nasais.
Un compañeiro dime que non teña medo, que aínda falta moito para saír.
Despois paso cos meus amigos á farixe, logo á larixe, logo á tráquea! Non, sepárannos! Eu vou ao pulmón dereito polo bronquio dereito, pero o meu amigo vai ao esquerdo polo outro bronquio. Xa estou no pulmón! Aquí algúns amigos van por un bronquíolo, outros por outros…

 Pum! De repente caín nun saquiño moi suave, o alvéolo pulmonar, que está recuberto de capilares sanguíneos. O meu avó dime: 
 -Mira! Alí veñen eses gases cos que nós loitamos sempre, o dióxido de carbono, pero non te preocupes, que nós non nos encontraremos con eles.

Nun segundo, absorveume o sangue a través do intercambio de gases! Todos esos capilares sanguíneos dos que falei antes xuntáronse, e agora eu vou por eles, agora chámanse veas pulmonares, que me levan a una saliña moi bonita,  a aurícula esquerda do corazón
.
Jupi! Deslízome por un tobogán! Este tobogán é una válvula, que me leva ao ventrículo esquerdo. De repente, o ventrículo esquerdo contráese e impúlsame cara a fóra pola arteria aorta.

Outra vez sepárannos! As arterias divídense en arterias máis pequenas! Dende a arteria aorta repártenme a todos os capilares dos órganos, neles, algún amigos osíxenos pasan aos órganos e únense a nós os nosos enemigos, o dióxido, e unhas substancias que non coñecía, as substancias de refugo. Ao pasar polo intestino delgado, o sangue recolle os nutrientes e logo pasa polos riles para filtrarse.

Todos os capilares únense e forman veas que nos levan cara á aurícula dereita. Da aurícula dereita paso ao ventrículo dereito por outro tobogán, o ventrículo dereito contráese, e expúlsame polas arterias pulmonares ata que chego outra vez aos capilares dos alvéolos onde paso ao aire e fago o percorrido inverso polas vías respiratorias e saio ao exterior xunto a moitísimo dióxido de carbono.

Aquí remato este marabilloso percorrido por un corpo humano no que me divertín moito e vivín experiencias inolvidables.

                                                       Ana Clementina Fernández Fariñas

CURSO 2012-2013

Este curso o noso blog comeza cun certo retraso; sen embargo, continuamos utilizando a wiki para o noso traballo diario.

Dende hoxe procuraremos telo actualizado.