viernes, 16 de diciembre de 2016

A ACTIVIDADE ECONÓMICA


O tema 3" A Actividade económica" preparámolo na clase de CCSS primeiro, individualmente, buscamos a información  e logo, en grupo, organizamos o traballo para expoñelo.






Comentarios sobre a actividade


 A min este tema resultoume sinxelo porque está moi relacionado coa vida diaria: a producción, a distribución, a consumición , a importancia das empresas…
Creo que a materia a temos aprobada porque na exposición que fixemos todos o tiñamos moi ben preparado. No meu grupo cada un dos catro elexiu unha parte para traballala en profundidade.
Si mañá tiveramos que facer un exame, repasando un pouco, eu creo que aprobaríamos todos.

Alberto

Eu creo que superei moi ben o tema de CCSS aínda que á hora de expoñelo os nervios xogáronme unha mala pasada e non me saiu como o ensaiara na casa.
En canto á maneira de aprender este tema pareceume moi ben porque nos divertimos aprendendo.                                   Yaiza Suazo Arias

  Eu creo que, en xeral, todos os grupos fixérono moi ben, pero deberíamos mellorar subindo o tono de voz, sobre todo eu. Tamén penso que teríamos que relaxarnos e non estar tan nerviosos, xa que nos axudaría a facer una mellor exposición.
                                                   Noa Vigo Sánchez

Eu creo que foi unha boa maneira de estudiar xa que foi interesante expoñer o traballo. Notábase que todos sabían a parte que lles tocaba e gustoume moito, ademais de poder mellorar a nosa exposición oral.
Antía Vázquez Fdez 21

Pareceume interesante facer una exposición oral sobre a actividade económica porque a parte de estudar o tema realizamos unha actividade nova que nos resulta moi divertida xa que aprendemos moito sobre os nosos compañeiros e traballamos con eles de maneira que o traballo non depende dunha soa persoa, senón que todos temos que axudarnos uns a outros para que o traballa salga ben.

jueves, 15 de diciembre de 2016

CIBEREXPERT@

Hoy tuvimos la primera sesión de Ciberexpert@,  programa creado por la Policia Nacional con el apoyo de Telefónica y la colaboración de la Fundación Cibervoluntarios que quiere aportar una visión más segura del uso responsable de Internet.