viernes, 30 de enero de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ ESCOLAR E A NON VIOLENCIA

Hoxe, a pesar da chuvia celebramos con ilusión o día da Paz Escolar e a Non Violencia.
O acto non se puido realizar no patio ás 12:15 con todo o alumnado

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º reunímonos nos corredores de primeiro e segundo andar para cantar a canción de José Luis Perales"Que canten los niños", escoitar o "Manifesto da Paz" e o "Himno á alegría", interpretado coa frauta por un grupo de alumnos e alumnas.




                              

jueves, 29 de enero de 2015

SAÍDA AO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE



O venres 16 de xaneiro, os alumnos de 5º e de 6º realizamos unha excursión ao auditorio Gustavo Freire para ver unha obra de teatro en inglés.

A obra foi entretida e gustoume moito, trataba dunha moza chamada Cindy que quería ser unha estrela do pop pero só podía cantar cando limpiaba e cociñaba para a súa horrible e malcriada irmá Bechy.

Pasamos unha mañá inolvidable.

Jairo

Se vos queredes informar sobre esta compañía de teatro picade aquí. Tamén podedes ver algúns vídeos de outras obras de teatro.


miércoles, 21 de enero de 2015

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, 30 DE XANEIRO

Como todos os anos por estas datas reflexionamos sobre a "Paz, a Non Violencia, a Solidaridade, a Convivencia..."; pero se só se reduce a isto non serve para nada. 

O importante é esforzarse porque a Paz reine todos os días nas nosas relacións cos nosos compañeiros, amigos, familiares..., que cada día gane a xenerosidade, a convivencia, o amor, a xusticia..

Imos ler os contos "As árbores da Paz" e "Wangari y los árboles de la Paz" para comentalos en gran grupo e axúdennos a facer realidade os nosos desexos.
  

Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no continente africano, a primeira muller que obtivo un doutorado en África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde foi decana da súa facultade na Universidade de Nairobi.