viernes, 20 de marzo de 2020

PROXECTO EduClan

 En proxecto EduClan, podedes atopar numerosos recursos e vídeos desde os 3 anos ata os 10, nas principais áreas curriculares.

Clica en EduClan  de 3 a 5 anos

EduClan  de 6 a 8 anos

EduClan de 9 a 10 anos

martes, 17 de marzo de 2020

CORONAVIRUS E ACTIVIDADES DE AULA

Ola a tod@s!

Ante as circunstancias que nos rodean, mentres o centro permanece pechado, sabedes que se están a colgar na páxina web do centro actividades das distintas materias de 5º para que poidades facer nas vosas casas.

No noso blogue podedes ir repasando, de forma interactiva, os contidos dados neste trimestre.
A algúns deles non se pode acceder; pero serán substituidos por outros.

Para acceder aos contidos da páxina web do centro podedes facelo a través do blogue, a esquerda, en Enlaces debaixo do tradutor de galego. Unha vez dentro localizades "ENLACES E RECURSOS", e picades en 3ºciclo. Unha vez alí, en vermello, veredes "Actividades e Recursos de 5º de EP" e ...
             xa estamos outra vez na AULA!!!
Un consello, podedes seguir o horario da clase.

                          Ánimo e a traballar!!!

Para calquera dúbida podedes escribirme un correo a

                tereluispimentel@gmail.com




jueves, 5 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, estivemos a traballar  nas distintas aulas de EI e EP o tema "Mulleres admirables".

Aquí podedes ver o noso traballo, esperamos que gocedes con el.



Mañá, cada equipo fará unha pequena presentación do seu traballo e remataremos cunha posta en común.