O ARTIGO E AS CONTRACCIÓNS
Se picades nas imaxes, aparecerá a dirección delas.
-
O
coche. A boneca. Os nenos. As libretas. Os balóns.
Un lapis.
Unha
goma. Uns zapatos. Unhas axendas.
- Entón, poderiamos definir os artigos como as palabras que van diante do substantivos e concordan con el en xénero e número.
- Pero hai como dous grupos de
palabras. Un estaría formado por o, a,
os e as; e outro, por un, unha, uns e unhas.
- Exacto Brais, todos son
ARTIGOS.
Poderiamos dicir que hai
dúas clases:
Os artigos:
determinados(o,a,os,as) que se refiren a persoas, animais e cousas coñecidas.
Por exemplo, “o can” é un can coñecido pola persoa que fala e polas que
escoitan.
Os artigos indeterminados(un, unha, uns e unhas)
que se refiren a persoas, animais ou cousas descoñecidas.Por exemplo, “un can”
é un can que non coñece a persoa que fala nin a que escoita.
- Ademais estas palabras
contraen con algunhas preposicións. Imos ver con que preposicións e como fan as
contraccións.
Os artigos determinados contraen coas preposicións a, de, en, con e por.
Se mirades a seguinte táboa,
podedes ver como contraen.
- Os artigos indeterminados contraen coas
preposicións de, en e con. Tal e como queda reflectido na seguinte
táboa.
- Profesora! Entón a contracción é a unión dunha preposición cun artigo.
- Moi boa reflexión, Leo.
Agora, alguén podería facer un resumo do aprendido.
- Eu. Vou dicir o que son os artigos e cantas
clases de artigos hai.
“ Os artigos son palabras que van diante do substantivos e concordan
con el en xénero e número.”
Hai dúas clases de artigos:
Os artigos determinados (o,a,os,as) refírense
a persoas, animais e cousas coñecidas.
Os artigos indeterminados (un,
unha, uns e unhas) que se refiren a persoas, animais ou cousas descoñecidas.
- Profesora,
eu vou dicir o que é unha contracción.
“Unha contracción é a unión dunha preposición e un artigo.”
Os artigos determinados contraen coas preposicións a, de, en, con e por.
Os artigos indeterminados contraen coas preposicións de, en e con.
-María, Brais fixestes un bo resumo do explicado nesta clase.
Agora podedes facer as actividades que aparecen nos vosos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.