miércoles, 7 de noviembre de 2012

SON O OSÍXENO


SON O OSÍXENO
Eu son o osíxeno, e atópome no aire . De pronto, entro nun corpo humano a través duns condutos moi moi oscuros, as fosas nasais.
Un compañeiro dime que non teña medo, que aínda falta moito para saír.
Despois paso cos meus amigos á farixe, logo á larixe, logo á tráquea! Non, sepárannos! Eu vou ao pulmón dereito polo bronquio dereito, pero o meu amigo vai ao esquerdo polo outro bronquio. Xa estou no pulmón! Aquí algúns amigos van por un bronquíolo, outros por outros…

 Pum! De repente caín nun saquiño moi suave, o alvéolo pulmonar, que está recuberto de capilares sanguíneos. O meu avó dime: 
 -Mira! Alí veñen eses gases cos que nós loitamos sempre, o dióxido de carbono, pero non te preocupes, que nós non nos encontraremos con eles.

Nun segundo, absorveume o sangue a través do intercambio de gases! Todos esos capilares sanguíneos dos que falei antes xuntáronse, e agora eu vou por eles, agora chámanse veas pulmonares, que me levan a una saliña moi bonita,  a aurícula esquerda do corazón
.
Jupi! Deslízome por un tobogán! Este tobogán é una válvula, que me leva ao ventrículo esquerdo. De repente, o ventrículo esquerdo contráese e impúlsame cara a fóra pola arteria aorta.

Outra vez sepárannos! As arterias divídense en arterias máis pequenas! Dende a arteria aorta repártenme a todos os capilares dos órganos, neles, algún amigos osíxenos pasan aos órganos e únense a nós os nosos enemigos, o dióxido, e unhas substancias que non coñecía, as substancias de refugo. Ao pasar polo intestino delgado, o sangue recolle os nutrientes e logo pasa polos riles para filtrarse.

Todos os capilares únense e forman veas que nos levan cara á aurícula dereita. Da aurícula dereita paso ao ventrículo dereito por outro tobogán, o ventrículo dereito contráese, e expúlsame polas arterias pulmonares ata que chego outra vez aos capilares dos alvéolos onde paso ao aire e fago o percorrido inverso polas vías respiratorias e saio ao exterior xunto a moitísimo dióxido de carbono.

Aquí remato este marabilloso percorrido por un corpo humano no que me divertín moito e vivín experiencias inolvidables.

                                                       Ana Clementina Fernández Fariñas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.