Desde 1967 o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A semana do 19 ao 23 de marzo, a comunidade educativa lembramos a o poeta lucense que dá nome ao noso colexio, Luís Pimentel, no 60 aniversario da súa morte.
Nós participamos investigando na súa vida, ilustrando poemas e recitándoos.
En lingua galega estivemos a facer a descrición dunha imaxe do fondo do mar. Igual que en lingua castelá preparamos o traballo co material que temos no blogue sobre tipoloxía textual.
Como en este trimestre trabajamos la narración y la descripción, estuvimos escribiendo nuestro primer relato corto e hicimos la descripción de un familiar. Utilizamos la información que tenemos en el blog sobre cómo planificar la escritura de un cuento o de una descripción. Este es el resultado de nuestro trabajo.
O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é
recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a
igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
O tema para o Día Internacional da Muller 2018, o 8 de marzo, é “Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres”. O 8 de marzo foi unha data moi importante para as mulleres españolas; xa que, puideron acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións o 8 de marzo de 1910, cando se aprobou unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas” pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrución Pública. Gozade e reflexionade con estas viñetas do humorista gráfico, Forges, nas que denuncia os problemas da muller e reclama un trato máis igualitario para elas.
Un ano máis celebramos a Semana da prensa co fin de integrar os medios de comunicación nas aulas.
Durante esta semana a prensa será un texto máis da nosa aula. Leremos e comentaremos noticias en distintos xornais que nos axudarán a desenvolver o noso sentido crítico.
Esta semana, no cole, estivemos a preparar a celebración do Entroido escribindo coplas para cantar o día do desfile no patio. Tamén trouxemos receitas de comidas que se comen durante as festas do entroido.
O Día Escolar da Paz e a Non Violencia celébrase o 30 de xaneiro, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi, ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz. É unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal.
Como todos os anos por estas datas reflexionamos sobre a "Paz, a Non Violencia, a Solidaridade, a Convivencia..."; pero se só se reduce a isto non serve para nada.
O importante é esforzarse porque a Paz reine todos os días nas nosas relacións cos nosos compañeiros, amigos, familiares..., que cada día gane axenerosidade, aconvivencia, oamor, axusticia..
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que aAsemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron. O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.
Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:
Dereito á igualdade.
Dereito á Protección.
Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
Dereito á educación e á atención ao diminuído.
Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
Dereito á educación gratuíta e a xogar.
Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.
"A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e maneiras de ser humanos".
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO
O 16 de novembro a comunidade internacional celebra o Día Internacional da Tolerancia con actividades dirixidas tanto a institucións educativas como ao público en xeral.
Nas clases de lingua galega estivemos a facer un traballo de investigación sobre "O castiñeiro". Cando o rematamos, participamos na festa do "Magosto" que se celebrrou no colexio.
Profesora de EP en el Ceip Luis Pimentel de Lugo.
Este Blog tiene carácter educativo, sin ánimo de lucro .As imaxes, vídeos... son usados con este fin. Si en algún momento vulvero la propiedad intelectual, poneos en contacto conmigo (tereluispimentel@gmail.com) y retiraré la entrada.