jueves, 16 de noviembre de 2017

DÍA UNIVERSAL DO NENO

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno 20 de novembro, data na que aAsemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.



Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:

  •  Dereito á igualdade.
  •  Dereito á Protección.
  •  Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
  •  Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
  •  Dereito á educación e á atención ao diminuído.
  •  Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
  •  Dereito á educación gratuíta e a xogar.
  •  Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
  •  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
  •  Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.