jueves, 31 de marzo de 2016

DESCRIPCIÓN DE UN FAMILIAR

La clase de lengua castellana se convirtió en  "taller de escritura" donde los alumnos y alumnas describieron a un familiar.

Días antes, en sus casas, habían observado  a aquel  familiar que querían describir para anotar los detalles más característicos.

Ya en el aula, lo primero que hicieron fue acceder en el  blog a la página " Unidad Didáctica: La descripción de un familiar". Después de seguir los pasos que les indicaba, cada alumno y alumna comenzaron el trabajo. Cuando tenían terminado el borrador se lo enseñaban a la profesora que realiza las correcciones  necesarias para llegar a la última fase , la edición.

martes, 8 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA 2016

Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que; polo menos, un día trabállase con xornais na aula.

Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

  • O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
  •  Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
  • Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
  • Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
  •  Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Se picas na imaxe podes acceder á prensa
















lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.






Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.

Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida  á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.

 O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.













miércoles, 24 de febrero de 2016

179 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro de 1837, nace en Camino Novo, un arrabal de  Santiago de Compostela, Rosalía de Castro. 

Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Pica na imaxe




miércoles, 10 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Fotos descolgadas

jueves, 4 de febrero de 2016

XOVES DE ANTROIDO: COA CARA PINTADA

A consigna do xoves: coa cara pintada.

Mirade que ben traballamos na clase de naturais.

domingo, 31 de enero de 2016

ANTROIDO 2016

 Comeza a semana do Antroido coa primeira consigna: ALGO NA CABEZA( peiteado,perruca, sombreiro...)


DÍA DA PAZ, VENRES 29 DE XANEIRO

O venres, ás 12:15, todo baixamos ao patio para conmemorar o Día da Paz cantando a canción que preparamos coas nosa profesora de música.


miércoles, 20 de enero de 2016

PARA REFLEXIONAR

Sabiades que?


Refuxiado é a palabra do ano en galego. 

Foi elexida como a máis significativa do 2015 nunha votación telemática, a través do portal das palabras, con 417 votos dun total de 17oo participantes.  





 Malaya Yousafzai, unha rapaza de 17 anos, recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2014.





. 


viernes, 8 de enero de 2016

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia., no 67 aniversario da morte de Gandhi.



Lembrando a Xosé Neira Vilas, morto o 27 de novembro, escoitemos a canción da Paz "Cantarela dos nenos".



O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
    que a ninguén fan mal.

Manuel María 

jueves, 24 de diciembre de 2015

BO NADAL

Despedímonos de Omar cantándolle a panxoliña ensaiada na clase de música.

A clase de 5ºC deséxavos felices festas.




miércoles, 16 de diciembre de 2015

A SAÚDE DO APARELLO LOCOMOTOR E DO SISTEMA NERVIOSO

Na clase de ciencias naturais estivemos a nos informar sobre a saúde do aparello locomotor e do sistema nervioso. Cada grupo preparamos o traballo que logo expuxemos.

Preparando o traballo





Expoñéndoo






Vídeos descolgados

viernes, 11 de diciembre de 2015

A CONSTITUCIÓN E O ESTATUTO DE AUTONONÍA

A semana do 1 ao 11 de decembro, en todos os colexios de galegos, conmemórase a Constitución e o Estatuto  de autonomía de Galicia.

Pica na imaxe e obterás información...

http://mpparente.edu.glogster.com/glog-4934-2131/ 

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 de Noviembre,Día Internacional contra la Violencia de Género.

El Día Internacional contra la Violencia de Género se celebra en conmemoración de todas aquellas mujeres que han sido víctimas de este delito, invisible en muchas ocasiones. Pero también en honor a todas aquellas que luchan contra él.

La fecha del 25 de noviembre fue elegida para conmemorar el asesinato en 1960 de las tres hermanas Mirabal, activistas políticas de la República Dominicana. 

lunes, 23 de noviembre de 2015

O CLUB BALONCESTO ENSINO NO CEIP LUÍS PIMENTEL

O Club Baloncesto Ensino visitou o Ceip Luís Pimentel. O alumnado do 2º e 3º ciclo de EP  disfrutaron xogando con tres das súas xogadoras no patio do colexio.






jueves, 29 de octubre de 2015

O SAMAÍN NO COLEXIO.


Sabiades que...??

O Samaín ten a súa orixe  nos pobos celtas.



A  noite do 31 de outubro celebraban o final da tempada das colleitas, antes do comezo da estación escura e dedicábanlla a Samaín. Pensaban que esa noite podían comunicarse cos seus antepasados; por iso,  acendían fogueiras para guialos ata os seus antigos fogares. 



Esta semana, con motivo do Samaín estivemos a escribir contos de medo.Algúns están colgados na cortiza do corredor; pero outros aínda se están editando. Tan pronto estean terminados  publicarémolos aquí para que vos divirtades léndoos.



 

miércoles, 28 de octubre de 2015

OS NOSOS PRIMEIROS POEMAS

Despois de ler o poema "A señora vaca" de Xerardo Álvarez Limeses, a clase de galego converteuse nun taller de escritura onde escribimos poemas de animais guiados por Xerardo Álvarez.


Esperamos que gocedes léndoos.


miércoles, 7 de octubre de 2015

O SISTEMA SOLAR









AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS

Déixovos estes vídeos que vos poden axudar a coñecer mellor 
estes astros que forman parte do "Universo".









miércoles, 9 de septiembre de 2015

CURSO 2015/2016

Ola a todos e todas!

Añadir leyenda
Son o Blog "Aulaedutere". Gustaríame ser unha ferramenta que vos axude cos vosos traballos. Aquí atoparedes material complementario, diccionarios, xogos educativos...

Tamén podedes:
-  Recomendar aos vosos compañeiros e compañeiras aquelas lecturas que vos gustan.
- Ver os vosos traballos.
                         - Entrar na Biblioteca virtual...