LECTURA SOBRE OS COIDADOS DO APARELLO REPRODUCTOR E SOBRE A ADOLESCENCIA E A SAÚDE.

 

Ø PENSAMOS E APRENDEMOS

 

Le con atención  o texto  sobre os coidados do noso aparello reprodutor.

 

·        OS COIDADOS DO APARELLO REPRODUTOR

“A hixiene do noso aparello reprodutor é moi importante porque os órganos xenitales masculinos e femininos están relacionados co aparello urinario.

É aconsellable o aseo diario con auga ou con auga e xabón porque nos xenitales externos hai uns repregamentos de pel nos que se poden acumular restos de urina e suciedade, que poden provocar irritacións ou o crecemento de microorganismos.

Nas mulleres, a limpeza da zona do ano debe realizarse arrastrando o papel para atrás para evitar que se contamine a zona de entrada á vaxina. Asemade, durante a menstruación deben coidar especialmente a súa hixiene.

É aconsellable utilizar roupa interior de tecidos naturais, non utilizar roupa moi axustada porque favorece a humidade e a calor; pois, crea as condicións axeitadas para que medren os microorganismos.




Sempre que haxa dor, irritación ou molestias nas zonas dos xenitales débese acudir a un profesional.  A especialidade médica que se ocupa do coidado do aparello reprodutor feminino denomínase xinecoloxía e, a do aparello reprodutor masculino, uroloxía.

As revisións periódicas son moi importantes para detectar a tempo algunas enfermedades como o cancro de mama, nas mulleres, ou de próstata, nos homes.”


  • Despois de ler o texto, cres que é importante a información que nos transmite. Serías capaz de falar sobre os coidados do noso aparello reprodutor co teu pai, coa túa nai, co teu profesor ou profesora…


  • Para pensar…

O texto fai mención a dúas especialidades médicas, relacionadas cos aparellos reprodutores. Poderías dicir de que se ocupa un xinecólogo ou unha xinecóloga? E un urólogo ou unha uróloga?

Cres que son importantes as revisións médicas? Por qué?


 A ADOLESCENCIA E A SAÚDE

Le con atención  o texto sobre a adolescencia.


“A adolescencia é a etapa da vida comprendida entre a infancia e a idade adulta, transcorre entre os 10 e os 19 anos.

Durante esta etapa non só prodúcense cambios físicos senón tamén outros que afectan a nosa forma de ser, de sentirnos ou de relacionarnos.

Os cambios na adolescencia non se dan a mesma idade, cada neno ou cada nena ten o seu propio ritmo de cambio.

Nesta etapa dáselle moita importancia as amizades , pero cando se te teñen dúbidas débense consultar cos adultos cos que se ten confianza porque están máis preparados para resolvelas


Fonte da imaxe

Na adolescencia é importante aprender a coñecerse e a controlar , identificar e a xestionar as nosas emocións; xa que, poden darse cambios de humor, sentimentos de trisreza, ledicia ou sentirse incomprendidos.

A capacidade de razoar madura e pouco a pouco vaise construíndo a personalidade.


Fonte da imaxe

Hai que nesta etapa iníciase nas relacións sexuais. Estas deben basearse:

-No respecto pola outra persoa e polas súas decisión.

- Na confianza mutúa.

Na posibilidade de expresar con liberdade como nos sentimos.

É moi importante informarse dos medios que existen para evitar un embarazo non desexado.

Algunhas enfermidades debidas a microrganismos transmítense por contacto sexual; polo que, cando se inician as relación sexuais hai que informarse e adoptar medidas para protexerse.”

 

Despois de ler o texto :

¿Poderías dicir que é a adolescencia?

¿Qué tipos de cambios se producen durante a adolescencia?


Para reflexionar.

·        Pensas que, como di o texto, durante esta etapa é importante non só confiar nas amizades senón tamén nos adultos (pai, nai, profesor ou profesora…) Por que?

 

·        Cres que é importante aprender a xestionar as nosas emocións. Pensa nalgún momento da túa vida en que foses capaz de controlar os teus nervios, os teus medos, a vergoña..

 

  


 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.