LECTURA DIRIXIDA DO APARELLO REPRODUTOR: FEMININO E MASCULINO

 

OS APARELLOS REPRODUTORES

Ø POSTA EN ESCENA.

·        Antes de ler o texto, fíxate nas palabras destacadas.

 

“Os seres humanos temos reproducción sexual, o que significa que na reproducción participan dúas persoas de distinto sexo.

 

O sexo con que nacemos, o sexo biolóxico feminino ou  o sexo biolóxico masculino, depende do noso aparello reprodutor. No ser humano hai un aparello reprodutor feminino e outro masculino. Cada aparello reprodutor  produce células sexuais distintas, que son unas células especiais que interveñen na reprodución.

 

Os aparellos reprodutores non maduran ata a pubertade. A pubertade iniciase a partir dos dez anos, ás veces pódese adiantar ou atrasar. Neste período de tempo prodúcense  cambios no noso corpo que fan posible a función reprodutora.

 

·        Volve a ler o texto detidamente cos seguintes obxectivos de lectura:

 

-      Que tipo de reproducción ten o ser humano? Que quere dicir “reprodución sexual”.

-      O sexo co que nacemos, de que depende?

Que tipo de células producen os aparellos reprodutores? Que células interveñen na reprodución?

-      Que é a pubertade? Cando se inicia? Que ocorre durante a pubertade?

-        A respostas a estas preguntas están no texto. Se non es capaz de responder a algunha delas, volve a ler outra vez o texto e verás como as atopas.

 

https://www.freepik.es/vector-gratis/conjunto-realista-organos-sistema-reproductivo-masculino-femenino-aislado-ilustracion-vector-fondo-blanco_26764508.htm#query=aparato%20reproductor&position=8&from_view=keyword&track=ais&uuid=a8a2d7d5-839a-4db6-9660-d9597a19381a

                         Aparello reprodutor masculino    Aparello reprodutor feminino



 

          Unha vez respondas a todas as preguntas, xa podes facer un pequeño esquema de texto.

     

O APARELLO REPRODUTOR FEMININO

 

Ø APRENDE

 Antes de ler o texto, fíxate nas palabras destacadas.

 

“O aparello reprodutor feminino consta de órganos internos e externos.

Os órganos internos son:

·        Os ovarios, no seu interior fórmanse as células sexuais femininas, chamadas óvulos.

·        As trompas de Falopio. Son dúas, cada unha delas abraza un ovario e comunícao co útero.

·        O útero é un órgano muscular oco. No seu interior medran os bebés ata o seu nacemento (o feto).

·        A vaxina é un conduto que se comunica co útero e co exterior do corpo.

     No exterior do aparello reprodutor está:

·        A vulva, é un conxunto de órganos que son visibles:

-      Os labios maiores e menores que son pregamentos da pel que protexen un órgano chamado clítoris e a entrada á vaxina.”

Volve a ler o texto cos seguintes obxectivos de lectura:

-      Que tipos de órganos ten o aparello reprodutor feminino?

-      Cales son os órganos internos do aparello reprodutor feminino?

-      Onde se forman as células sexuais femininas? Que son os óvulos?

-      Que órganos internos do aparello reprodutor une os ovarios co útero?

-      Que é o útero? Cal é a súa función(para que serve)?

-      Que órgano do aparello reprodutor comunica o útero co exterior?

-      Onde se atopa a vulva? Por que órganos está formada?


A respostas a estas preguntas están no texto. Se non es capaz de responder a algunha delas, volve a ler outra vez o texto e verás como as atopas.

Cando completes todas as respostas, xa podes facer un pequeño esquema desta parte do tema.

Un exemplo podería ser algo así que terías que completar cos datos do texto.




Cando remates o esquema le outra vez o tema e mira as imaxes que aparecen a continuación para saber en que parte do aparello reprodutor se atopa cada órgano.

 

 

https://www.freepik.es/vector-gratis/conjunto-realista-organos-sistema-reproductivo-masculino-femenino-aislado-ilustracion-vector-fondo-blanco_26764508.htm#query=aparato%20reproductor&position=8&from_view=keyword&track=ais&uuid=a8a2d7d5-839a-4db6-9660-d9597a19381a



Esta imaxe sacouse do libro de texto do alumnado de Santillana.







          

 Ø NO MEU LIBRO

Se chegaches aquí, xa estás preparado ou preparada  para ler a información que aparece no teu libro sobre o aparello  reprodutor  feminino e  entendela.

 

Asemade tamén podes falar coma un científico ou unha científica sobre o aparello reprodutor feminino coa túa familia.


 

Ø O APARELLO REPRODUTOR MASCULINO.

 

ØAPRENDE

 Antes de ler o texto bota unha ollada as palabras destacadas. 


  “O aparello reprodutor masculino consta de órganos externos e internos .

Os órganos externos son:

·        Os testículos son dous órganos que están dentro dunha bolsa chamada escroto. A súa función é producir as células sexuais masculinas, chamadas espermatozoides.

·        O pene é un órgano que termina nun ensanche, o glande, que está cuberto por un pregamento de pel chamado  prepucio.

 Os órganos internos son:

·        Os condutos deferentes que conducen os espermatozoides desde os testículos ata a uretra.

·        A próstata é unha glándula que produce un líquido que serve aos espermatozoides de alimento e de transporte. Este líquido baleirase na uretra.

·        A uretra é un conduto que tamén forma parte do aparello urinario. Recorre o pene e conduce os espermatozoides xunto co líquido da próstata ao exterior.”


Volve a ler o texto cos seguintes obxectivos de lectura.


-      Cales son os órganos externos del aparato reprodutor masculino? E os internos?

-      Que son os testículos e cal é a súa función? Onde se atopan?

-      Que son os espermatozoides?

-      Que é o pene?

-      Que órgano ten a función de levar os espermatozoides desde os testículos ata a uretra?

-      En qué parte do aparato reprodutor masculino se produce o líquido que alimenta aos espermatozoides?

-      Cal é a función da uretra?

 A respostas a estas preguntas están no texto. Se non es capaz de responder a algunha delas, volve a ler outra vez o texto e verás como as atopas.

Cando completes todas as respostas, xa podes facer un pequeño esquema desta parte do tema.

Un exemplo podería ser algo así que terías que completar cos datos do texto.

 

 

 

  Cando remates o esquema le outra vez o tema e mira a imaxe que aparece a continuación para saber en que parte do aparello reprodutor se atopa cada órgano.

 

https://www.freepik.es/vector-gratis/conjunto-realista-organos-sistema-reproductivo-masculino-femenino-aislado-ilustracion-vector-fondo-blanco_26764508.htm#query=aparato%20reproductor&position=8&from_view=keyword&track=ais&uuid=a8a2d7d5-839a-4db6-9660-d9597a19381a



Imaxe sacada do libro do alumnado Santillana

 

Ø Xa estás preparado ou preparada para ler a información que aparece no teu libro sobre o aparello  reprodutor  masculino e entendela.

 

Asemade tamén podes falar coma un científico ou unha científica sobre o aparello reprodutor masculino coa túa familia.

   

Ø ØCARACTERES SEXUAIS

Le detidamente o texto para poder definir:

-      Caracteres sexuais.

-      Caracteres sexuais primarios?

-      Caracteres sexuais secundarios?

Fíxate nas palabras claves que che servirán de guía na lectura.


Os caracteres sexuais son as diferenzas físicas entre as persoas de distintos sexos. Hai dous tipos:

-      - Os caracteres sexuais primarios están presentes desde o nacemento. Son os aparellos reprodutores .

 -      Os caracteres sexuais secundarios son características físicas que permiten distinguir ás mulleres dos homes e aparecen na pubertade*.

As nenas ensanchan as cadeiras, crecen as mamas e xorde o pelo na pube e nas axilas.

Nos nenos a voz faise máis grave, crece pelo na cara e noutras partes do corpo e desenvólvense os músculos.

*Lembra  que a punertade é o período de tempo no que maduran os órganos dos aparellos reprodutores e prodúcense  cambios no noso corpo que fan posible a función reprodutora.

 

Se picas neste enlace poderás ver unha imaxe dos caracteres sexuais secundarios.

https://educacion-general-basica0.webnode.es/definicion-de-pubertad/caracteristicas-de-la-pubertad/secundarias/

Ø   Ø NO MEU LIBRO

Despois destas lecturas xa podes ler a información que aparece no teu libro de texto sobre os aparellos reprodutores e entendela.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.