Nestes días imos reflexionar sobre a importancia que teñen nas nas nosas vidas as árbores e a auga; pero o máis importante é que tomemos conciencia de que a vida do planeta Terra tamén está nas nosas mans, e depende moito do uso que fagamos delas.
O colexio únese a esta celebración plantando un loureiro no horto escolar.
Canta a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é
dela
ten unha cousiña
miña
pola que podo entendela.
Os Eidos. Uxío Novoneyra
Imaxe:https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0zmSeuBJTHf6-yIo63uuOBbm7XSe6shA23E04o1PK5kzHTtEkW3DIn-Oc-Zxln1aKMSVo5AmxWSiZvwdy_GNAlWN7jffd-SFyX_KfvVhdiNX-GoUGuOSq1a9H4hhct0kJWk2Li31OIydo/s320/Dia+Mundial+del+Agua+4.jpg
---------------------------------------------------------
Era unha figueira
feiticeira
que cen fillos tiña
e todos con leite mantiña.
Veu un forte furacán
e guindou cen e cen no chan.
Subiron todos a un cunchiño de noz
e chegaron nadando a Foz.
Xoán Babarro"Ten, ten a miña casa ten..."
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlbHRezIu2gW-CMo8ksUYd9ouoEcAPZUCIeSRBOJlwMMuTa1HJ4C0NB4nQF5dm837dP3v761C8sfPdtBB7oj0F4xTyGyRFBtyP4xJ7caH_CzWIofDZDbchI1LdDnnXqI2YgQfesGLRi14/s1600/ARBORE.jpg